As obras de acondicionamento na piscina municipal, que deron comezo neste verán, tiveron unha consecuencia inesperada para as persoas traballadoras: foron enviados ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), ocasionando unha significativa redución nos seus salarios. Situación xa
coñecida por moitos e moitas debido ao contexto da pandemia.
As persoas traballadoras expresaron esta preocupación nun comunicado dirixido a todas as agrupación políticas que forman parte da Corporación municipal. Neste comunicado, destacaron a necesidade de atopar unha solución, considerando que o Goberno Municipal debería prever tales situacións e actuar con responsabilidade para con elas.
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín, en diversas instancias como a Comisión de Deportes coma na anterior sesión plenaria, a importancia de chegar a un consenso entre as partes así como dar cunha esposta digna.
Celia García, concelleira do BNG, declarou: “Estamos atentas ás demandas das persoas traballadoras e seguiremos a traballar como mediadores co Goberno Local para revisar as condicións do ERTE. Pedimos responsabilidade con elas”.
Neste contexto, O BNG reafirma o seu total apoio ás persoas traballadoras e
comprométese a atender as súas demandas, as cales perciben como plenamente xustificadas e comprensibles. O BNG estará invariablemente ao carón dos traballadores e das traballadoras na procura de condicións xustas.