O Concello abre o curso de prevención de riscos laborais

A inscrición xa está aberta e celebrarase entre os días 23 e 27 de outubro.
20 de octubre de 2023

O Concello de Marín impulsará a realización dun curso de formación en Prevención de Riscos Laborais para toda a veciñanza interesada. O curso desenvolverase no Multiusos da Praza municipal de Marín entre os días 23 e 27 de outubro, en horario de 16 a 20 horas.

Aquelas persoas interesadas poden inscribirse a partir do 17 de outubro, e ata completar o número de prazas, chamando ao 886204352 ou ben no enderezo de correo electrónico aedlmarin@concellodemarin.es

Este curso faise ao abeiro dunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Deja un comentario

Don't Miss