O Concello inviste 40.000 euros na renovación do interior do petróglifos de Mogor e da súa iluminación exterior

O centro volverá estar aberto para a cidadanía en Semana Santa. A nova proposta museística conta con paneis renovados que aportan recursos explicativos, ilustrados e audiovisuais que permiten a mellor comprensión do que se visita.
29 de octubre de 2023
petróglifos de mogor

Os petróglifos de Mogor teñen un potencial incuestionable, sendo un conxunto arqueolóxico esencial cuns recoñecidos valores culturais e paisaxísticos, unido a un emprazamento xeográfico privilexiado.
Para poñelos en valor e apostar pola súa maior difusión, o Concello levou a cabo un proxecto co que se renovou toda a iluminación exterior das sendas e os petróglifos e se fixo unha readaptación integral do interior do Centro de Interpretación..

“Sabemos que os nosos petróglifos son un referente patrimonial e turístico, por iso quixemos mellorar o espazo verde no que se atopan estes gravados cunha iluminación que tamén beneficiará á veciñanza e reforzando a sinaléctica tanto no interior coma no exterior”, explicou a concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez.

A nova proposta museística conta con paneis renovados que aportan recursos explicativos, ilustrados e audiovisuais que permiten a mellor comprensión do que se visita.

A concelleira explicou na súa visita ao centro, que volverá estar aberto para a cidadanía en Semana Santa, que este proxecto realizouse ao abeiro dunha subvención de Turismo de Galicia ao 90%, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU, por un importe cercano aos 40.000 euros.

Deja un comentario

Don't Miss