O Concello programa as Andainas de Outuno para coñocer a riqueza ambiental da vila

A primeira das rutas será a de Montes e Praias, o domingo 29 de novembro, con saída ás 09.00 horas da Alameda Rosalía de Castro.
19 de octubre de 2023
andainas de outubro

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, anunciou que se fará a primaria o 29 de outubro, seguindo o roteiro Montes e Praias e que a seguinte será o 5 de novembro polos Cinco Miradoiros. A inscrición para a primeira xa está aberta no seguinte formulario:
https://espiralxc.es/gl/formulario-de-actividades-gal/

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou esta mañá a primeira ruta do que serán as Andainas de Outono, un ciclo de sendeirismo municipal para coñecer algunhas das rutas incluidas no programa Marín a Pé, e que permiten coñecer a nosa vila camiñando dun xeito saudable, sostible e moi agradecido.

A primeira das rutas será a de Montes e Praias, o domingo 29 de novembro, con saída ás 09.00 horas da Alameda Rosalía de Castro.

Trátase dun percorrido circular de 15 quilómetros, cun desnivel de 441 metros no que haberá avituallamento para todas as persoas participantes.

É preciso inscribirse con anterioridade a través do seguinte formulario: https://espiralxc.es/gl/formulario-de-actividades-gal/. Algúns dos puntos de interese que percorre esta ruta son o Lavadoiro do Souto, o Cruceiro do Vento, o Castro da Subidá, o Menhir de Currás, a Igrexa de Santa María do Campo, os
Muíños do Río Loira, as praias de Loira, Mogor, Aguete e Portocelo, así como ospetróglifos de Mogor.

1 Comment

Deja un comentario

Don't Miss