Orzamento de 604.000 euros para a piscina e subrogación dos traballadores de ERTE na nova concesión

O orzamento é cercano aos 604.000 euros irá con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
24 de octubre de 2023
maría ramallo pisciina municipal

As obras da piscina municipal avanzan a bo ritmo, tal e como comprobaron hoxe a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín, que realizaron unha visita de obra á instalación deportiva acompañadas dos responsables de obra. Ramallo anunciou un investimento de 604.000 euros e a subrogación dos traballadores de ERTE na nova concesión. O orzamento é cercano aos 604.000 euros irá con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Esta contratación cubre a xestión, coidado e desenvolvemento de actividades tanto na piscina limatizada, como nas salas de fitness e no resto das dependencias da instalación deportiva.

Cubertas, vestiarios, ximnasio

Estase a intervir nas distintas partes do inmoble: as fachadas, as cubertas, as estruturas metálicas e o interior dos vestiarios e do ximnasio, renovando aqueles materiais protectores que estaban envellecidos polo paso do tempo e o uso, como o caso da pintura.

Precisamente, a parte que afecta máis ao exterior, como as pinturas ou a impermeabilización do teito, son as tarefas que miran máis cara ao ceo, porque a chuvia retrasa a súa execución pero incluso a pesar diso os traballos avanzan a moi bo ritmo.

Dentro do proxecto, ademais, desmontarase completamente a instalación actual que hai de paneles solares, xa que nestes momentos está obsoleta. Quitarase a estrutura de aluminio e vidro do tellado para repoñela, algo semellante ao que se fará co lucernario que ilumina o graderío da piscina, que tamén está nun estado comprometido.

Limpieza xeral das fachadas

Asemade, excutarase unha nova cuberta e retirarane todas as mallas metálicas que serven de peche e que non estean en boas condicións. Farase unha limpeza xeral das fachadas e renovaranse aqueles paneis que así o precisen por presentar deterioros.

No que respecta aos vestiarios, renovarase o pavimento existente e demolerase o falso teito continuo de ferro de escaiola, mentres que no ximnasio tamén se levantará o entarimado de madeira para substituílo por baldosas de gres antideslizantes.

Deja un comentario

Don't Miss