A Consellería do Medio Rural informa de que remata a tempada de alto risco de incendios forestais na nosa comunidade. Porén, as queimas de restos agrícolas e forestais amoreados seguirán prohibidas en Galicia ata novo aviso, tendo en conta a variabilidade das previsións meteorolóxicas para os vindeiros días.
Ata novo aviso
Polo tanto, non se concederán comunicacións nin autorizacións para realizar ditas queimas. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.
A decisión tomouse tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas así o estimen.
Eso es comprensible. Lo que no se entiende es que venga un mes de lluvias y no las autoricen, como suele ocurrir.