Veciños de Marín disfrutan do Balneario de Mondariz con Depotermal

Entre domingo 15 e 20 de outubro 178 persoas maiores de 50 anos gozarán do programa "Depotermal" da Deputación de Pontevedra. Neste período aloxaranse no Hotel Galatea SPA de Sanxenxo, o Norat Torre do Deza de Lalín, o Balneario de Mondariz e as Termas de Cuntis.
15 de octubre de 2023
depotermal

O programa de termalismo e saúde da Deputación de Pontevedra, dirixido a maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas, persoas cun grao de diversidade recoñecido igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditada a necesidade dun respiro familiar, ten O obxectivo é facilitar o acceso a actividades de lecer saudable e envellecemento activo nos establecementos hostaleiros. Ademais, pretende dinamizar a economía da provincia, promovendo a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico nos períodos de menor actividade mediante a desestacionalización da demanda.

Para este luns, está previsto ás saídas diúrnas, ata o Balneario de Mondariz desprazaranse 32 persoas dende o luns 16 de outubro ata o venres 20. Todas elas proceden dos concellos de Marín, Mos, Nigrán, Pontevedra e Vigo. Ademais, 57 persoas de Barro, Poio, Pontevedra, Portas e Vigo gozarán de saídas diúrnas ao Hotel Termas de Cuntis nas mesmas datas.

As pernoctacións comezarán hoxe domingo 15 de outubro con dous grupos. O primeiro grupo, formado por 47 persoas dos concellos de Marín, Estrada, Moraña, Nigrán, O Porriño, Pontevedra, Salvaterra de Miño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa, acudirá ao Hotel SPA Galatea de Sanxenxo. O segundo grupo, formado por 42 persoas de Baiona, Cangas, Gondomar, Mos, O Rosal, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilaboa, irá ao Hotel SPA Norat Torre de Deza de Lalín.

Programa para actividades saudables

«Depotermal» ofrece dúas modalidades: unha diúrna, na que os beneficiarios acuden aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoctación, que ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. En total, serán beneficiarias 2.447 persoas, das cales 664 se acollerán á axuda diurna e 1.783 persoas beneficiaranse da axuda de aloxamento.

Deja un comentario

Don't Miss