Veciños de Marín participan no programa «Depotermal» da Deputación

Dende este domingo e ata o 13 de outubro poderán acceder ás instalacións termais do hotel, así como a diversas actividades artísticas, deportivas, formativas, sociais e turísticas.
8 de octubre de 2023
depotermal balneario mondaríz

Esta semana, 50 veciños de nove concellos da provincia teñen a oportunidade de mergullarse no benestar e relaxación grazas ao programa «Depotermal» da Deputación de Pontevedra. Serán veciños da Marín, pero tamén da Guarda, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas e Vigo, gozarán de seis días e cinco noites no Hotel Galatea SPA de Sanxenxo.

Dende este domingo e ata o 13 de outubro poderán acceder ás instalacións termais do hotel, así como a diversas actividades artísticas, deportivas, formativas, sociais e turísticas.

Este programa, enfocado á saúde e ao termalismo pola Deputación de Pontevedra, está pensado especificamente para persoas maiores de 50 anos, xubilados, pensionistas, persoas cun grao de diversidade funcional igual ou superior ao 65% ou que teñan acreditada a necesidade de un respiro familiar.

O seu obxectivo é facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de lecer saudable e promover o envellecemento activo en hoteis de calidade. Ademais, búscase dinamizar a economía local, promovendo a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico, mediante a desestacionalización da demanda.

O programa «Depotermal» ofrece dúas modalidades: unha diúrna, onde os beneficiarios poden gozar dos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoctación, que prevé unha estancia de seis días e cinco noites no hotel. En total, 2.447 persoas beneficiaranse desta iniciativa, 664 que se beneficiarán da asistencia diurna e 1.783 persoas gozarán da estadía con aloxamento.

Este programa non só representa unha oportunidade para o benestar persoal, senón que tamén supón unha importante contribución ao desenvolvemento económico local e ao benestar da nosa comunidade.

Deja un comentario

Don't Miss