Adxudicada a obra que une a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco

A inversión, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, será cercana aos 97.000 euros.
19 de noviembre de 2023
paseo alcalde blanco marín

A obra será levada a cabo por Moncosa OH S.A., que iniciará os traballos en breves. Anchearase a zona e mellorarase o mobiliario urbano, co obxectivo de mellorar a conexión cidade-mar despois da renovación levada a cabo o ano pasado no Paseo Alcalde Blanco. A inversión, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, será cercana aos 97.000 euros.

A alcaldesa, María Ramallo, anunciou esta mañá que xa está adxudicada a obra demellora da beirarrúa colindante á Escola Naval Militar e que supón a principal conexión peonil entre a Praza de España e o recentemente mellorado Paseo Alcalde Blanco.

A empresa Moncosa OH S.A. será a encargada de levar adiante os traballos, cuxa execución arrancará en breve, e que contan cunha inversión de 97.000 euros, cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Tal e como se pode ler na memoria do proxecto, o obxectivo é renovar o pavimento e anchear a beirarrúa, eliminando o aparcadoiro en liña e facendo máis accesible e amable esta conexión entre o casco urbano e o mar. Con isto, mellorarase o acceso ata o novo Paseo e seguirase transformando este
punto clave do casco urbano de Marín.

Deja un comentario

Don't Miss