Trátase dun programa de servizos asistenciais ás persoas maiores para a prevención de dependencia, incluindo estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía. As persoas interesadas poderán solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 e 623 546 992 ou no mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Os días 13, 14, 15 e 16 de novembro, instalarase en Marín a caravana de Coidados Porta a Porta, unha iniciativa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que achega servizos asistenciais ás persoas maiores para previr a dependencia, ofrecendo estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía.
Para poder desfrutar deste servizo gratuito e público, pódese pedir xa cita previa nos teléfonos 622748283 e 623546992 ou no mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
Incluirase estimulación cognitiva e funcional, prevención da dependencia mediante hábitos de vida saudables e promoción do envellecemento activo. No que respecta á podoloxía, pasarase unha consulta básica, ofrecerase corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, calosidades e helomas, así como unha valoración do estado xeral do pé.
En canto a audioloxía, tamén se ofrecerá unha consulta básica, a exploración funcional da audición e a prevención da perda auditiva.