Marín implantará unha plataforma GIS, para análises de datos xeográficos

Esta ferramenta, que servirá internamente aos departamentos técnicos municipais, permitirá clasificar e utilizar de xeito práctico e útil a información territorial municipal.
17 de noviembre de 2023
ria de marín cortada

A dixitalización das Administracións locais é fundamental para poder seguir prestando servizos e realizando o traballo público da forma máis práctica e eficaz posible. Para iso, é preciso dotarse de ferramentas dixitais feitas por e para o traballo do sector público.

Este é o caso das plataformas GIS, é dicir, un sistema de información xeográfica, no que se pode recopilar, xestionar e analizar unha gran cantidade de datos, axudando a establecer patróns, realizar análises de situacións e tendencias, identificar problemas, monitorizar cambios e, en definitiva, poder tomar decisións
máis acertadas en base á tecnoloxía big data. Así, aplícase a ciencia xeográfica ao mundo real, xestionando de xeito integral os datos do territorio municipal.

A adquisición desta ferramenta, como se dicía ao inicio, forma parte da dixitalización dos recursos públicos do Concello e supón unha inversión de case 18.000 euros, IVE incluido, cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea.

Deja un comentario

Don't Miss