As asociacións e entidades de Marín son parte esencial do tecido social da nosa vila, grandes dinamizadores e creadores de contido cultural, deportivo e de toda índole.
O Goberno local, ademais de apoiar de xeito económico as actividades que realizan estas entidades, así como en moitos casos se lles ceden as instalacións dos localis municipais, tamén aporta visibilidade a toda a programación que realizan.
Co obxectivo de dar un paso máis, o Concello xa ten habilitada na páxina web municipal un directorio con todas as asociacións activas na vila, aportando os datos de contacto actualizados así como as posibles actividades que ofrezan á cidadanía. Pode consultarse a través da seguinte ligazón: https://www.concellodemarin.es/cultura-festas/asociacions/
A concelleira Itziar Álvarez expresou que o obxectivo desta iniciativa foi “poder poñer a disposición de todos os marinenses esta información, para que poidan ter de man o contacto das asociacións da vila, así como actualizar o rexistro municipal, porque moitas entidades tiñan datos obsoletos”.
Neste momento, no directorio conta con 109 asociacións de distintos sectores: cultural, social, deportivo, solidario e veciñal.