BNG solicitou medidas inmediatas para afrontar a crise de impagos no sector naval

José Souto solicitou medidas inmediatas e eficaces para apoiar ás empresas afectadas e garantir a estabilidade e sustentabilidade económica do sector naval do Morrazo.
24 de diciembre de 2023
sector naval barco

No pleno municipal do pasado xoves 14 de decembro, o Bloque Nacionalista Galego (BNG) presentou unha moción en representación da Plataforma de Afectados polos Impagos do Sector Naval. A proposta recibiu o apoio unánime da corporación municipal.

Balbino Barcia, voceiro da plataforma, expuxo a situación que atravesan doce empresas auxiliares do sector naval na Comarca de Morrazo, afectadas polos impagos das principais empresas do sector. Isto levou a moitas destas empresas a teren as súas propiedades embargadas, sen posibilidade algunha de retomar as súas actividades empresariais, como resultado de débedas acumuladas que superan os cinco millóns de euros con diversas administracións.

O voceiro da plataforma destacou que o problema dos impagos dos estaleiros ás empresas auxiliares do sector naval en Morrazo persiste como unha realidade, xa que estas empresas arrastran débedas dende hai trece anos. Foi esta persistencia na problemática o que motivou a creación da plataforma e a
solicitude de apoio ás administracións.

Pendente en Marín unha moción

No ano 2022, a plataforma trasladou unha moción buscando o respaldo dos concellos en todos os municipios de Morrazo, pero só foi tratada en Bueu, Moaña, Cangas e Vilaboa, quedando pendente en Marín.

Ante esta situación, o BNG decidiu abordar a moción para sumar o apoio de Marín e solicitar á Xunta de Galicia que actuase como mediadora ante os bancos, buscando unha condonación dos créditos solicitados por estas empresas debido aos impagos que enfrontan.

O concelleiro do BNG, José Souto, subliñou que esta situación resulta inaceptable para os empresarios afectados sinalando a urxencia de medidas eficaces e apoio para restablecer a estabilidade e a sustentabilidade económica do sector naval na Comarca do Morrazo.

Deja un comentario

Don't Miss