O prazo de presentación de solicitudes abrirá o 10 de xaneiro e estará vixente ata o 20, ambos días inclusive. O sorte realizarase o 25 de xaneiro ás 12.00 horas no Salón de Plenos do Concello. Calquera persoa empadroada en Marín pode optar á concesión da explotación dunha parcela, aínda que terán prioridade os seguintes sectores de poboación: persoas xubiladas ou pensionistas cuxo único ingreso sexa a prestación por invalidez; persoas en paro sen prestación por desemprego, persoas con discapacidade de a lo menos o 33% e intolerantes químicos que demostren xustificante médico de dita intolerancia.
A inscrición poderá realizarse tanto a través da sede electrónica (sede.concellodemarin.es) como físicamente no Rexistro Xeral. Haberá que encher o formulario de inscrición e aportar unha fotocopia do DNI ou tarxeta de residencia.
Ademais, será preciso achegar a seguinte documentación, en función de cada caso: documento acreditativo de acharse en situación de desemprego e non percibir prestación algunha, documento acreditativo de acharse en situación de xubilación, documento que acredite dispoñer como única fonte de ingresos unha prestación por invalidez, documento de grado de minusvalía e/ou informe médico de Intolerancia Química.
No caso de que haxa máis solicitudes que parcelas dispoñibles, só se admitirá unha solicitude por enderezo de empadroamento. A maiores, aquelas persoas que actualmente xa disfrutan dunha parcela, poderán solicitala de novo e, no caso de que volvan saír beneficiadas no sorte, daráselles a mesma que veñen traballando nos últimos 4 anos.
72 parcelas de entre 10 a 12 metros
As 72 parcelas atópanse no entorno do Sequelo, nunha parcela situada na fachada posterior do pavillón de deportes. Cada unha delas conta cunha extensión aproximada de entre 10 e 12 metros cadrados e están concebidas coma un sistema no que cultivar individualmente verduras, froitas e hortalizas, utilizando técnicas de agricultura ecolóxica, quedando prohibido o uso de elementos químicos.
A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, anunciou onte que o Concello xa ten preparadas as bases para o novo concurso das hortas urbanas ecolóxicas, co obxectivo de sacalas a concesión para o período 2024-2027. Estas bases, que xa se poden consultar na web municipal, rexen como será o concurso das parcelas, cuxo prazo de inscrición irá do 10 ao 20 de xaneiro, ambos inclusive. “O modelo das hortas urbanas é un exemplo de éxito total”, asegurou a concelleira. “As persoas que resultaron beneficiarias dunha parcela nos últimos anos sempre resaltan os enormes beneficios que teñen para elas, ademais de que así coidamos do medio ambiente, fomentamos a participación cidadá, apostamos polo desenvolvemento sostible e promovemos a educación ambiental”.