O Apalpador: un carboeiro que baixa das montañas de Lugo polo Nadal

Entre as tradicións de noso destas datas quremos poñer o foco na figura dun persoeiro do Nadal galego: O Apalpador.
21 de diciembre de 2023
Apalpador. Ilustración de Leandro Lamas.
Apalpador. Ilustración de Leandro Lamas.

O Nadal é tempo de tradicións e @s máis pequen@s son @s primeiros en desfrutar de todas elas. Entre as tradicións de noso destas datas quremos poñer o foco na figura dun persoeiro do Nadal galego: O Apalpador, primo irmán do Oletzero vasco, do Angulero asturiano, do Estercu cántabro ou do Tentapanzas sevillano.

Son todos eles homes, de idade adulta que se preocupan sobre todo pola alimentación das crianzas nos máis dos casos, pois en tempos había neste país moita famiña e o mellor agasallo de Nadal era ter os bandullos cheos.

Un carboeiro que trae castañas

O Apalpador é pois un carboeiro que vive nas montañas de Lugo e que baixa polo Nadal a asegurarse de que os nenos e nenas galeg@s teñan as barriguiñas ben mantidas, apálpallas e se non é así, como el trae castañas do Caurel, deixa un saquiño para que esas crianzas apacigüen a fame coméndoas.

A editorial Barafunda cóntanos esta fermosa historia a través do libro “Antón e o Apalpador”, escrita por Manuel Castro Lima e ilustrada por María del Mar Ameijeiras Sánchez. Antón é un neno de cidade que viaxa ao Courel para pasar as vacacións de Nadal coa súa madriña.

antón e o apalpador

O que non imaxina Antón é a aventura que lle agarda nesta viaxe, onde coñecerá misteriosos e fantásticos personaxes da devesa, entre os que se atopa o Apalpador.

Deja un comentario

Don't Miss