O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), presentou unha moción que esixe o cumprimento da Lei dos Símbolos de Galiza no que respecta á interpretación do Himno de Galiza nos actos oficiais do Concello.
Na exposición de motivos da moción, o BNG destacou a observación reiterada de incumprimento das leis relacionadas co Himno en diversos eventos, tanto organizados polo Concello de Marín como en colaboración con terceiros, nos que se interpreta unha versión reducida e non oficial do Himno, composta por tan só dúas estrofas en lugar das catro completas establecidas pola Lei dos
Símbolos de Galiza.
Símbolos de Galiza
O Grupo Municipal do BNG en Marín solicita ao Concello que, en todos os actos oficiais nos que sexa necesario interpretar o Himno galego, se cumpra co establecido na Disposición Adicional Terceira da Lei 5/1984, que regula os Símbolos de Galiza. Isto inclúe a interpretación completa das catro estrofas do
Himno.
A moción foi presentada co obxectivo de asegurar o cumprimento da lexislación vixente en relación co Himno, garantindo a súa interpretación na súa totalidade en actos oficiais do Concello de Marín e así preservar a súa integridade artística e cultural.