O Grupo de Acción Local Pesqueiro (GALP) inxecta 700.000 euros a pesca e turismo

Na primeira convocatoria de axudas con cargo ao novo FEMPA concorreron un total de 22 proxectos, dos que 8 foron aprobados. A innovación e o desenvolvemento sostible son os protagonistas das novas iniciativas apoiadas.
21 de diciembre de 2023
marín puerto de marín

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, no seu obxectivo de fomentar o crecemento e a sustentabilidade na súa área de influencia, aprobou unha serie de axudas por mais de setecentos mil euros – 706.603,27 €, destinadas a 8 proxectos de impacto local.

Estas axudas, enmarcadas na Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) e financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), buscan potenciar o desenvolvemento económico de Bueu, Marín, Poio, Sanxenxo, Pontevedra e Meaño a través da innovación e o reforzo das comunidades pesqueiras.

Safricope, Corte Mar Pescaderías e Confraría de Bueu

A meirande parte dos proxectos corresponden ao sector pesqueiro. Se financian melloras na infraestrutura de Safricope e o impulso da trazabilidade en Corte Mar Pescaderías e plans de mellora para a Confraría de Bueu, así como iniciativas culturais e deportivas que promoven a cohesión comunitaria e a identidade local. Polo lado da innovación destacan o proxecto dun novo laboratorio de I+D+i para Salmoira e o proxecto da Lonxa de Campelo que inclúe o deseño de novos equipamentos para o coidado do banco marisqueiro.

Ademais destas iniciativas, o GALP Ría de Pontevedra apoia proxectos como o promovido por Jale Turismo S.L. que obtivo unha subvención do GALP para transformar un edificio en Banda do Río en sete apartamentos turísticos. A empresa ten previsto realizar un investimento de 355.799,82 euros. O proxecto ‘Botón Marinero’ pretende potenciar o turismo sostible, amosando a cultura mariñeira local e atraendo visitantes durante todo o ano.

Diario Marín realizó un extenso artículo de la cuantía de ayudas para cada empresa que puede consultarse en este enlace.

Solicitude de axudas

Desde o GALP Ría de Pontevedra anímase a cada promotor e emprendedor do territorio a aproveitar a oportunidade única que ofrecen as axudas do GALP. Recórdase que as axudas están dispoñibles non só para PEMEs, senón tamén para traballadores autónomos e entidades sen ánimo de lucro que cumpran cos requisitos establecidos. As iniciativas que promovan actividades náuticas, a promoción de produtos pesqueiros locais, a protección do medio ambiente mariño e costeiro, ou a promoción do patrimonio cultural mariñeiro, teñen aquí un soporte financeiro fundamental. Ademais, as operacións que impliquen investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos poden asegurar a súa sustentabilidade financeira a longo prazo.

A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)

Estas iniciativas, que promoven o emprego e a diversificación económica, están en liña cos obxectivos da EDLP do GALP Ría de Pontevedra de fomentar a competitividade e a innovación, e de reforzar o papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local.

A EDLP é o mapa de ruta que guía a asignación de recursos do FEMPA, coa intención de potenciar a competitividade do sector pesqueiro e acuícola, apoiar a diversificación económica, protexer o medio ambiente mariño e costeiro, e preservar o patrimonio cultural pesqueiro.

O GALP Ría de Pontevedra, a través destas axudas, reafirma o seu compromiso de traballar man a man con entidades locais para garantir un futuro próspero e sostible, demostrando que é posible avanzar xuntos cara a unha economía azul máis forte e integrada na rexión, seguindo as liñas marcadas pola EDLP e os fondos FEMPA para o período 2021-2027

As axudas

As axudas están enmarcadas no Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 e dirixidas a impulsar proxectos que contribúan ao desenvolvemento sostible das áreas pesqueiras da Ría de Pontevedra. Contan cun financiamento do 70 % e 30% do FEMPA e da Consellería do Mar, respectivamente

Entre 2016 e 2022, os GALP desenvolveron 703 proxectos mobilizando preto de 80 millóns de euros, máis do 53 % corresponde a axuda privada, mostrando a capacidade do programa para favorecer o investimento privado en comunidades costeiras dependentes da pesca.

Os GALP, xunto coa Consellería do Mar, xestionarán as axudas, promovendo a sostibilidade ambiental e asegurando que as operacións financiadas se manteñen en consonancia coa política pesqueira común e a lexislación ambiental da Unión.

Deja un comentario

Don't Miss