A Deputación de Pontevedra, a través do programa de consultoría tecnolóxica SmartPeme para pequenas e medianas empresas (pemes) e profesionais autónomos, ofrece, esta semana, tres novas accións formativas integradas na súa oferta de obradoiros.
Estes obradoiros estarán centrados no marketing social, contidos efémeros para redes sociais con historias en Facebook e Instagram e Intelixencia Artificial. Para poder participar nos obradoiros é necesario unha inscripción que pode facerse dende os ligazóns que acompañan o título do obradoiro.
O 13 de decembro, mércores, realizaranse dous cursos a distancia. Ás 12:00 horas, Laura Carrera, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraa en Dirección da Comunicación Corporativa, será a encargada de impartir o obradoiro «Os teus contido efémero: Stories en Facebook e Instagram«.
Comunicación Corporativa y Mercadotecnia
Neste curso explicarase como crear contidos efémeros nas redes sociais a través de historias integradas nunha estratexia de mercadotecnia.
O mesmo día, pero ás 18.00 horas, comezará o obradoiro “Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector”. Este obradoiro céntrase na presentación das principais estratexias, ferramentas e canles en liña máis adecuadas dispoñibles para as organizacións do terceiro sector.
O responsable deste curso será Adrián Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual, con ampla experiencia en comunicación dixital e marketing online.
Intelixencia Artificial
Finalmente, o xoves 14 de decembro, entre as 12:00 e as 13:00 horas, impartirase a distancia o curso “Intelixencia Artificial, iniciación con robots”.
Manuel Freire, especialista universitario en robótica, programación e impresión 3D, presentará os procesos de clasificación de imaxes mediante unha rede neuronal e unha placa de desenvolvemento Jestson Nano.