Gente&Marinenses

A exposición «Berces de vida» do Premio Nacional Medio Ambiente chega ao Museo Torres

Só hai un planeta, e cada acción para coidalo conta. Unha desas accións é a que leva adiante Afundación, Obra Social ABANCA, impulsando exposicións que removan conciencias e nos fagan apreciar a nosa natureza, como “Berces de vida”, unha mostra que chegará este venres ao Museo Torres de Marín.

A exposición, comisariada polo dúas veces gañador do Premio Nacional de Medio Ambiente Joaquín Araújo, convídanos a pasear polos bosques de España ao tempo que espallamos a súa beleza e, sobre todo, a súa relevancia na sustentabilidade da vida, presente e futura.

Joaquín Araújo y Berces de vida

En palabras de Joaquín Araújo, «o bosque é o lugar onde a luz se converte en vida. É unha fábrica de claridade que traballa incesantemente para que todas as persoas e animais respiremos. Os arboredos suman solos á tona do mundo, que antes era só rocha, e despois frean o deserto que quere arrebatarnos esa primeira riqueza que é a fertilidade natural. Alí tamén están as futuras e máis necesarias materias primas.

O bosque esconde a solución para resolver todas as carencias actuais de alimentación, curación e enerxía. Esquecelo é esquecer que o tempo pasa e que o único antídoto é a renovación da vida, á que nada nin ninguén contribúe tanto nin tan eficazmente coma as árbores».

A mostra inaugurarase o venres ás 13.30h no Museo e estará ata o 4 de febreiro. Poderá visitarse de martes a venres, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados e domingos, de 11.00 a 14.00 horas.

Diario Marín

Entradas recientes

Benito Piñeiro, Sir Bran, poeta marinense: «La poesía me permite reflexionar sobre lo que siento»

Habla de Marín como la ciudad que le habita, Sir Bran o Benito Piñeiro ha…

3 meses hace

Aaron González, Campeón de España de Boxeo: «A la gente que se le trunca la vida le aconsejo buscar un objetivo»

Campeón tres veces de España y seis de Galicia, Aaron González, 35 años, lleva por…

3 meses hace

Abierto el plazo de inscripción para ser miembro del `Salinas Club de Lectura’

El Salinas CL comenzó ayer su andadura abriendo el plazo de inscripción hasta completar el…

3 meses hace

Diario Marín se pone en venta tras batir su propio récord con 75.000 visitas y 27.000 usuarios únicos

Diario Marín se pone en venta. Comenzó hace un año, tras ganar el Premio Emprende…

3 meses hace

Víctor Manuel González, director Campus Noroeste de la UNED: «en extensión universitaria somos el mejor centro de España con 30.000 alumnos matriculados»

En Uned Pontevedra estudian 4.500 alumnos de enseñanzas regladas (grados, máster y doctorados), unas 30.000…

3 meses hace

Cómo afectará la inteligencia artificial al empleo

Se estima que la IA va a crear 133 millones de nuevos empleos y 75…

3 meses hace