BNG convoca a unha asemblea aberta para construir o futuro

Este evento ten como obxectivo achegar á comunidade o proxecto do BNG de cara ás eleccións do 18 de febreiro.
23 de enero de 2024
bng marín local

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) ten o pracer de informar sobre a realización dunha Asemblea Aberta, que terá lugar o xoves 25 de xaneiro ás 20:00 na Casa da Veiguiña en Marín. Este evento ten como obxectivo achegar á comunidade o proxecto do BNG de cara ás eleccións do 18 de febreiro,
ofrecendo a oportunidade de escoitar as súas propostas e participar nun diálogo aberto sobre o futuro de Galiza.

Na Asemblea Aberta, o BNG comprométese a destacar a ilusión do cambio, pondo de relevo que a candidatura liderada por Ana Pontón representa a todas as persoas que aspiran a unha Galiza mellor.

Este momento é histórico, permitindo a posibilidade de ter, por vez primeira, unha muller presidenta. O
BNG anima a todas as persoas a participar e formar parte deste proxecto ilusionante e transformador que marcará un antes e un despois na historia de Galiza.

«A veciñanza de Marín está convidada a participar activamente nesta Asemblea Aberta, reforzando así o compromiso do BNG coa construción dunha Galiza na que collamos todas e todos», explican desde o BNG.

Deja un comentario

Don't Miss