Catro novos obradoiros dixitales de tecnoloxía: audio marketing, crecemento, blog y ciberseguridade

Os obradoiros realizaranse de xeito virtual e tratarán temas como a ciberseguridade, o marketing de audio, a creación dun blog de turismo e o marketing de crecemento. Tódo los os obradoiros son mediante inscripción previa por un formulario e realízanse mediante a aplicación Zoom.
14 de enero de 2024
smartpeme

Neste ano 2024 comezan as primeiras actividades formativas do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pequenas e medianas empresas (pemes) e autónomos da Deputación, que ofrecen catro novos cursos.

A primeira xornada comeza este luns, 15 de xaneiro, ás 10:00 horas con “Ciberseguridade: o que non se ve da navegación por internet”. O obxectivo deste obradoiro, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, é concienciar á poboación sobre os riscos aos que se enfronta ao navegar por Internet.

O martes 16, de 17:00 a 18:00 horas, celebrarase o obradoiro “Audio márketing: crea e diferénciate da competencia cos podcast”, impartido por Laura Carrera, asesora de marketing e comunicación dixital. O obradoiro está orientado ao proceso de creación dun podcast e abordará aspectos como os beneficios do seu uso e a elaboración do seu contido.

Crecemento sostenible do teu negocio

Pola súa banda, o mércores día 17 ás 10:00 horas comezará o obradoiro “Como crear o teu blog turístico«, impartido pola profesional do turismo Patricia Cabaleiro. A través desta formación achegaranse as claves para crear un blog turístico dende cero e impulsar o negocio achegándose a potenciais clientes.

Por último, o xoves día 18, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro “Growth márketing: estratexias para un crecemento sostible do teu negocio”, dirixido polo asesor de comunicación dixital e marketing online Adrián Fernández. No obradoiro, os participantes aprenderán a utilizar técnicas e estratexias de mercadotecnia dixital dirixidas ao crecemento sostido no tempo dunha empresa ou proxecto, sempre baseándose no estudo dos datos e na metodoloxía de ensaio/erro.

Deja un comentario

Don't Miss