Concurso Balbino de Relatos en galego 2024

Os orixinais deberán centrarse no mar, o rural e a emigración e poderanse presentar ata o vindeiro 28 de xuño. O certame ten un único premio de 1.500 euros e a edición do libro.
28 de enero de 2024
concurso balbino

A Deputación de Pontevedra colabora co Concurso Balbino de Relatos 2024, organizado por Edicións Fervenza, e que na súa novena edición conta tamén coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística, a Fundación Xosé Neira Vilas, e os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces.

O certame, que naceu para a promoción da literatura e a lingua galegas, así como dos novos talentos e de autores xa consagrados, acaba de abrir o prazo para recibir orixinais, que se poderán remitir ata o vindeiro 28 de xuño.

Os relatos que se presenten ao Concurso deben ter como temática principal o mar, o rural e a emigración, os tres eixos centrais na vida de Balbino, o protagonista do libro.

Premio de 1.500 euros y publicación

O Certame, que está dotado cun único premio de 1.500 euros, ademais da publicación da obra gañadora por Edicións Fervenza, está aberto a persoas de todas as idades e nacionalidades, que deberán presentar obras orixinais e inéditas en galego coas temáticas xa mencionadas.

O relato ou serie de relatos con estes temas poderá ser real ou de ficción, e os textos deberán ter unha extensión mínima de 100.000 caracteres con espazos e máxima de 200.000. As bases poden encontrarse na seguiente ligazón.

A elección da obra gañadora correrá a cargo dun xurado profesional formado por cinco persoas de recoñecido prestixio do mundo da literatura e da cultura galega, que dará a coñecer o fallo no mes de setembro, momento no que dará comezo o proceso de publicación para realizar a entrega oficial do premio e a presentación do libro no último trimestre deste ano 2024.

Deja un comentario

Don't Miss