Hoxe comezan as rutas ornitolóxicas

A primeira saída do programa "Voando nas Rías Baixas", promovido pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO/BirdLife, encheu as 25 prazas dispoñibles en menos de 24 horas.
14 de enero de 2024
ramallosa ornitoloxía

As rutas ornitolóxicas da Deputación de Pontevedra para o ano 2024 comezarán hoxe domingo, 14 de xaneiro, cun percorrido pola Foz da Ramallosa e a praia América, nos concellos de Nigrán e Baiona. A primeira saída do programa, que é realizado en colaboración con SEO/BirdLife, encheu as 25 prazas dispoñibles en menos de 24 horas.

A Foz da Ramallosa é un espazo intermareal protexido pola Rede Natura 2000, destacándose polo seu alto valor ecolóxico e sendo propicio para a observación de aves pola súa proximidade e a confianza que as aves mostran cara ao ser humano.

Mazaricos, biluricos, pilros, gaviotas, garzas, águias

Durante a ruta ornitolóxica, os participantes terán a oportunidade de avistar diversas especies, desde limícolas como mazaricos, biluricos ou pilros, ata unha ampla variedade de gaivotas, así como diferentes especies de garzas, águias pescadoras e aves mariñas como os carráns cristados.

O percorrido, guiado por dúas guías de ornitoloxía de SEO/BirdLife, inclúe transporte en autobús tanto para o desprazamento como para a visita á zona na que ten lugar a actividade, recomendándose levar roupa cómoda e calzado apropiado. Cada participante terá á súa disposición prismáticos para observar aves e dous telescopios terrestres de alta gama para poder gozar das aves sen molestalas. Ademais, entregaráselle unha guía de aves.

Voando nas Rías Baixas

O programa «Voando nas Rías Baixas» para o 2024 contempla, ademais deste percorrido pola Foz da Ramallosa e a praia América, outras seis rutas ornitolóxicas por diferentes espazos da provincia con alto valor ecolóxico ou protexidos pola Rede Natura 2000.

  • En febreiro terá lugar un percorrido polo estuario do río Lérez e a zona intermareal Combarro-Lourido (Pontevedra e Poio):
  • En abril polas Ribeiras do río Umia (Ribadumia e Cambados);
  • En maio pola Serra do Suído (A Lama, Fornelos de Montes e Covelo):
  • En xuño pola praia da Lanzada (O Grove):
  • En setembro polas lagoas de Rouxique (Sanxenxo);
  • En novembro polo estuario do río Miño (A Guarda).

Deja un comentario

Don't Miss