Mellora das cunetas entre o cemiterio e a Igrexa do Campo

A obra foi levada a cabo pola Deputación de Pontevedra. Pablo Novas informou esta mañá de que xa se remataron as obras de mellora das cunetas de seguridade na EP-1202, entre o cemiterio e a Igrexa do Campo.
3 de enero de 2024
mellora cunetas

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou esta mañá de que xa se remataron as obras de mellora das cunetas de seguridade na EP-1202, entre o cemiterio e a Igrexa do Campo. Esta obra foi levada a cabo pola Deputación de Pontevedra.

Co obxectivo de garantir o paso dos peóns dunha maneira máis segura, nun itinerario moi concurrido entre o aparcadoiro do cemiterio, que nestes momentos se atopa en obras para mellorar a súa infraestrutura, e o cruce da baixada á Igrexa Parroquial.

Seguridade Viaria no rural

Tal e como explicou o concelleiro, “estas obras, aínda que parecen pequenas intervencións, son esenciais para a seguridade viaria no rural, onde moitos queremos que todos os entornos, tanto do casco urbano como do rural, estean en perfectas condicións”.

Deja un comentario

Don't Miss