Nova semana de obradoiros Smartpeme: marketing sostible, whatsapp

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático e coa necesidade de rexistro mediante un formulario, centraranse en ciberseguridade, márketing sostible e infraestrutura dixital.
21 de enero de 2024
smartpeme tecnología movil

Unha semana máis a Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta tres novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros.

As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, márketing sostible e infraestrutura dixital. Todas as accións formativas teñen un sistema de rexistro mediante un formulario e trala confirmación de inscripción envíase unha mensaxe cos datos para a videoconferencia a través da aplicación Zoom.

As accións formativas inícianse este luns, 22 de xaneiro, ás 10:00 horas, con “Ciberseguridade, que é o malware”. Trátase dun obradoiro para dar a coñecer aos asistentes que é o malware, os seus diferentes tipos ou como saber se un dispositivo está infectado. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

Marketing y whatsapp

O mércores 24, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar o taller “Márketing sostible”, onde Fátima Faílde, graduada en Publicidade e Relacións Públicas e con experiencia en comunicación corporativa, dará a coñecer a importancia de analizar a sostibilidade e como desenvolvela tanto nos propios negocios como en accións de  márketing.

Finalmente o xoves, 25 de xaneiro, de 11:00 a 12:30 horas, terá lugar o obradoiro “Infraestrutura dixital. canto custa enviar un whatsapp?” a cargo do experto en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

Deja un comentario

Don't Miss