A recén realizada presentación dos orzamentos por parte da Xunta de Galicia para o ano 2024 confirma a falta de novas inversións destinadas a Marín, creando un panorama que lamentablemente vai en contra da esperanza manifestada polo BNG hai algunhas semanas. A pesar de haber proposto oito emendas ao proxecto de lei de orzamentos xerais, nengunha delas foi aceptada, deixando ao Concello sen os recursos necesarios para o seu desenvolvemento.
A Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, publicada o pasado venres no Diario Oficial de Galicia (DOGA), non incorpora ningunha das emendas propostas polo BNG. Entre estas emendas incluíase a ampliación e mellora do servizo de transporte público, a garantía dos servizos de auga e saneamento, a dotación de infraestruturas deportivas en Seixo, o reforzo de persoal sanitario, melloras no Colexio Público de Ardán, a protección e difusión do patrimonio e historia local, novas escavacións no Castro de A Subidá e melloras na estrada PO-313 Marín-Moaña.
O BNG lamenta profundamente a ausencia de investimento para abordar estas necesidades que contribuirían ao desenvolvemento e á solución de algunhas deficiencias presentes no noso concello. A falta de atención a estas problemáticas por parte do Partido Popular resalta a falta de consideración cara aos desafíos que afectan á nosa veciñanza.
A carencia de investimento en aspectos fundamentais para a calidade de vida da nosa comunidade evidencia a urxente necesidade de reconsiderar e atender ás prioridades e necesidades dos nosos veciños e veciñas. O BNG aboga por un enfoque máis equitativo e centrado no benestar, distribuíndo os recursos de maneira xusta, abarcando non só áreas urbanas, senón tamén zonas rurais, para garantir o acceso a servizos esenciais e contribuír ao desenvolvemento dunha sociedade inclusiva e resistente.