O Concello rexeita arrombar a Torre do Reloxo e Lavadoiro e fonte de Coirados

O Goberno local defende a protección do patrimonio, pero “non podemos votar si a unha subvención da que non coñecemos os requisitos nin as esixencias”.
12 de enero de 2024
marín iluminación torre del reloj

Manuel Santos explicou durante a sesión plenaria que o voto en contra do Goberno local á moción do BNG ten que ver con que “piden que fagamos unha serie de actuacións no patrimonio de Marín en base a unha subvención da que non coñecemos os principais puntos e que seguramente non cubra máis de 20.000 euros de axuda, cando as iniciativas que piden superan, no menor dos casos, os 50.000”.

O concelleiro e tenente alcalde Manuel Santos explicou onte durante a sesión plenaria por que o Goberno local decidiu votar que non á moción do BNG para executar actuacións destinadas a eliminar o impacto paisaxístico de edificios e dependencias públicas municipais. “O BNG plantexa dúas actuacións: a limpeza exterior da Torre do Reloxo da Igrexa Vella e a rehabilitación do lavadoiro dos Bravos e da fonte de Coirados e suxiren que o fagamos cunha subvención da Xunta de Galicia, que previsiblemente sairá ao longo do 2024”, expuxo Santos.

Iniciativas entre os 40.000 e os 50.000 euros

“Sen embargo, aquí existen dous problemas. Por unha banda, as bases da subvención aínda non saíron, polo que non sabemos que requisitos e condicións temos que cumplir para concorrer a ela. Non sabemos se temos que ter proxectos previos xa feitos previamente das actuacións que nos gustaría subvencionar, canto tería que ser a porcentaxe de aportación municipal, cales son os prazos de xustificación… Sen saber todas estas cuestións, non podemos apoiar a moción do BNG”, explica o tenente alcalde.

“A segunda cuestión ten que ver coa financiación”, continúa. “Tal e como se pode ler na propia moción e na páxina web da Xunta de Galicia, de concedernos esta subvención, só nos darían 20.000 euros, e moito nos tememos que esa contía non é abondo. E sabémolo porque xa temos moitos deberes adiantados. Cando se actuou na Igrexa Vella recentemente, quixemos realizar esta mellora da Torre e solicitamos un orzamento, que vai entre os 40.000 e os 50.000 euros”.

Santos explicou que se seguirá buscando financiamiento para levar adiante este tipo de actuacións, “que xa estaban nos nosos planteamentos, pero non podemos votar que si a solicitar unha subvención da que non temos máis información que a súa existencia”.

E aproveita para recordar todas as accións de mellora e rehabilitación de lavadoiros e fontes que se levan feito nos últimos dez anos, como o Lavadoiro de Mogor, o do Río de Casás, da Roza e o do Picho, no Igrexario de Ardán.

Deja un comentario

Don't Miss