460.000 a promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero

260.000 irán dirixidos a concellos e 200.000 a entidades sen ánimo de lucro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación das bases das axudas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
3 de febrero de 2024
informe pericial xulgados de marín

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno dúas liñas a promover a igualdade e loitar contra violencia de xénero. As bases das subvencións destinadas a concellos e entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para promover a igualdade e loitar contra a violencia de xénero.

Estas dúas liñas, segundo explicou o presidente Luis López, ascenden a 460.000 euros, un 12% máis que o ano pasado, dos cales 260.000 destinaranse a concellos e os 200.000 restantes a entidades sen ánimo de lucro. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación das bases das convocatorias no Boletín Oficial da Provincia.

O presidente explicou que as axudas aos concellos están destinadas a aqueles de menos de 20.000 habitantes, “para que poidan promover actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. Neste caso, a contía máxima por concello será de 6.000 euros e permitirá aos gobernos locais promover actividades de sensibilización, formación e prevención contra a violencia machista; proxectos de mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero, os seus fillos e persoas dependentes«.

Entidades sen ánimo de lucro, 7.000 euros

No caso das entidades sen ánimo de lucro, as axudas ascenden a 200.000 euros, 50.000 máis que en 2023, e que cada solicitante poderá percibir ata 7.000 euros, 1.000 euros máis que o ano pasado.

Con estes recursos, as entidades poderán promover actividades de sensibilización, formación e prevención contra a violencia de xénero; atención integral ás vítimas de violencia machista, nenos e dependentes; programas dirixidos a mulleres vulnerables; proxectos e actividades de promoción da igualdade; proxectos destinados a mellorar a formación, o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas á creación de redes e servizos que fomenten a conciliación, e campañas de difusión en materia de igualdade.

Deja un comentario

Don't Miss