Quere saber como xestionar os seus apartamentos de fronte ao alugueiro de verán? A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a comercialización en liña. Para ambos obradoiros é necesario unha inscripció previa.
O xoves 15, de 11:00 a 12:00 horas, terá lugar o taller “Airbnb: comercialización en liña de aloxamentos e experiencias”, un obradoiro dedicado a persoas emprendedoras, autónomos e as empresas do sector turístico para axudalos a converterse en anfitrións de aloxamentos e actividades . O obradoiro será impartido por Sonia Torres, técnica de empresas e actividades turísticas.
Tamén as accións formativas inícianse este luns, 12 de febreiro, ás 10:30 horas, con “Ciberseguridade, uso da VPN”. O obxectivo deste obradoiro é o de fomentar o uso das VPN ou redes privadas virtuais. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire.