A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, ten entre os seus fins promover a participación da xuventude da nosa provincia en actividades do ámbito da educación non formal, da inserción sociolaboral, da formación en linguas estranxeiras, do deporte, da cultura, do lecer e do tempo libre, entre outras.
Unha fórmula idónea para conseguir o devandito fin é proporcionarlles ás asociacións e aos colectivos xuvenís apoio na posta en marcha de proxectos nos que a mocidade participe de forma activa e directa, en actividades concibidas por ela mesma e das cales sexa protagonista.
Entre 18 e 35 años
A convocatoria está dirixida a apoiar estas iniciativas, promovidas por persoas de entre 18 e 35 anos e asociacións xuvenís que desenvolvan proxectos que favorezan e promovan o desenvolvemento persoal e comunitario; contribúan ao apoderamento xuvenil, á formación en valores e á consecución de hábitos saudables; e enriquezan a vida social, económica, científica e cultural da provincia.
As iniciativas presentadas deberán englobaranse nalgunha das seguintes áreas de actuación:
• Iniciativa empresarial: proxectos que lle permitan á xuventude poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade, no fomento dos sectores emerxentes vinculados ao sector das novas tecnoloxías, así como proxectos sostibles e que contribúan ao desenvolvemento e á dinamización do medio rural.
• Vida saudable e loita contra a violencia e as condutas de risco: proxectos que promovan hábitos saudables e preveñan condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, que sensibilicen sobre a saúde mental e a prevención do suicidio, que preveñan e loiten contra calquera forma de discriminación ou violencia ¿especialmente por razón de xénero¿, e que persigan a igualdade real e efectiva das persoas trans e garantan os dereitos das LGTBI.
• Fomento da cultura en todas as súas áreas e da innovación, así como promoción dos sectores científico, tecnolóxico e dixital, e das ciencias xurídicas e das sociais: proxectos dirixidos a promover a cultura, a ciencia e as humanidades en calquera dos seus ámbitos, a poñer en valor o patrimonio cultural e a fomentar os sectores científico, xurídico, tecnolóxico e dixital.
• Creación de consellos locais de xuventude e fomento do asociacionismo e do voluntariado xuvenil.
• Promoción do desenvolvemento e dinamización do medio rural: a loita contra a soidade non desexada e proxectos que teñan impacto no rural desde a perspectiva de reto demográfico.
• Protección do medio e loita contra o cambio climático.
Só se poderá presentar un proxecto por asociación ou grupo informal solicitante.
Prazo de resolución: 3 meses
Efectos do silencio administrativo: negativo
Unidade administrativa responsable: Servizo de Xuventude e Reto Demográfico