O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta a súa preocupación ante a decisión adoptada polo goberno municipal no pleno do 8 de febreiro, de rexeitar unha moción esencial que promovía a transparencia e a execución efectiva das mocións aprobadas en acordos plenarios. Esta acción resalta unha preocupante falta de compromiso político coa implementación de iniciativas para o desenvolvemento e benestar da veciñanza.
O BNG, representado pola seu concelleiro Tino Iglesias, propuxo chegar a dous acordos sobre as mocións resolutorias aprobadas en acordos plenarios. Por unha banda tras a aprobación da moción e certificación correspondente pola Secretaría, a notificación ao servizo responsable para que inicie o correspondente expediente para que, tras o seu trámite, se tome a decisión definitiva polo órgano executivo municipal competente.
En paralelo a implementación dun procedemento regulado en tempo (bimestral, trimestral,…) e nas formas (comisións informativas,…) de seguimento para informar a todos os grupos da corporación da evolución de ditos expedientes derivados da aprobación plenaria.
Negativa a adoptar procedementos administrativos básicos
A negativa do goberno a adoptar estes procedementos administrativos básicos, non só reflicte unha falta de vontade política, senón tamén unha resistencia a establecer mecanismos de rendición de contas necesarios para a confianza e participación cidadá. Iglesias García cualificou a decisión do goberno local, describíndoa como contraria aos principios de transparencia e gobernanza participativa. «Esta votación reflicte unha lamentable falta de compromiso coa mellora da xestión municipal e o benestar de todas e todos os veciños», afirmou.
Sorprendentemente o que o grupo de goberno do Partido Popular (PP) vota que non en Marín foi reclamado polo PP do Concello de A Coruña conxuntamente co BNG e Partido Socialista de Galicia (PsdG-PSOE) no ano 2016, chegando incluso a solicitar unha investigación por parte da Valedora do
Pobo.
Mejora de la gestión municipal
O BNG reafirma o seu compromiso de seguir loitando pola transparencia, a xustiza e a mellora da xestión municipal, instando ao PP a reconsiderar a súa postura e adoptar un enfoque máis inclusivo e democrático na toma de decisións. A xestión municipal efectiva e transparente é indispensable para
satisfacer as necesidades e demandas da comunidade de Marín, merecentes dunha administración que priorice o benestar común sobre os intereses partidistas.