O programa gratuito de formación “Táctic@ Local” se desenvolverá na vila, en varias sesións no Museo Municipal Manuel Torres, en colaboración coa asociación de APE Galicia. Esta formación, totalmente gratuíta está dirixida prioritariamente ás persoas traballadoras autónomas e pemes de Marín. Consta de 3 plans en tres áreas de traballo fundamentais para a prosperidade e competitividade dos negocios.
Plan Dixitalízate e Compite
● Kit Dixital: introdución e aproximación ás axudas encadradas baixo o Kit Dixital. O 23 de xullo de 2020 presentouse o Plan España Dixital 2025.
● Outras axudas. IGAPE. Re-Acciona: servizos de consultoría abertos para asesorar á empresa da maneira máis eficiente en diferentes áreas. Esta xornada será o mércores 7 de febreiro ás 20.30 horas no Museo Municipal Manuel Torres.
Plan Comunícate
● Certificados electrónicos
● Tipos de certificados (persoal, representación etc. )
● Como se solicitan (FNMT etc.)/ etc.)
● Programas necesarios (autofirma, como se instala,etc. )
● Trámites máis comúns ante as distintas administracións (vida laboral, puntos DGT etc.)
● Exemplos de uso.
Neste caso, a xornada desenvolverase o 21 de febreiro, no mesmo horario ca anterior.
Plan as contas claras
● Conceptos básicos de Contabilidade.
● Software de facturación adaptado á nova normativa.
● Factura electrónica.
Será o 6 de marzo.
As prazas serán limitadas e para acceder a unha será preciso inscribirse a través de www.apegalicia.es.