Hoxe acto electoral en Seixo por parte do BNG

O próximo 18 de febreiro, os marinenses e restos de galegos serán chamados a concorrer ás urnas. En plena campaña electoral, BNG lanzará hoxe en Seixo as súas propostas de man dos membros de BNG Marín.
9 de febrero de 2024
elecciones marín 2022
El próximo 28 de febrero, los marinenses están llamados a concurrir a las urnas.

Hoxe terá lugar en Seixo, un acto público aberto do BNG, con motivo das eleccións autonómicas do 18 de febreiro. No acto intervirán:

  • Chano Guimeráns, veciño de Seixo e membro do BNG de Marín.
  • Leyre Castro, responsábel do Consello Local da Muller.
  • Lucía Santos, Voceira do BNG de Marín.
  • Alexandra Fernández, Deputada do BNG no Parlamento Galego.

O acto terá lugar mañá venres 9 de febrero, ás 20 horas na Casa de Cultura de Seixo, para trasladar á veciñanza as ideas que o Bloque Nacionalista Galego ten pensadas para construír entre todas, unha Galiza mellor, un país onde crear o noso futuro.

A candidatura liderada por Ana Pontón representa a todas as persoas que aspiran a unha Galiza mellor, unha Galiza abera, orgullosa, viva e con futuro. O BNG está a vivir un momento histórico e convida a todas as persoas a formar parte e participar neste proxecto ilusionante e transformador.

Deja un comentario

Don't Miss