La piscina reabre portas en marzo

No proxecto, investíronse cerca de 604.000 euros. O concelleiro de Deportes, Antonio Traba, visitou as instalacións cos responsables da obra, que este venres rematarán os últimos detalles.
2 de febrero de 2024
piscina municipal marín

A piscina municipal e o centro deportivo da Raña reabrirán as súas portas na primeira semana de marzo. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, nunha visita a pé de obra cos responsables da empresa encargada do proxecto, que supón unha revitalización e modernización das instalacións.

Tal e como adiantou o edil, “os traballos rematarán este venres, polo que Soom, que é a empresa concesionaria do servizo, poderá xa acceder para encher o vaso hidráulico da piscina así como para limpar e colocar toda a maquinaria da sala de fitness, polo que previsiblemente xa poderemos ter funcionando a instalación na primeira semana de marzo”.

Con esta mellora integral, “puidemos intervir en distintas partes que o precisaban, como as fachadas, as cubertas, as estruturas metálicas ou o interior dos vestiarios e do ximnasio, renovando os materiais envellecidos”, apuntou Traba, que tamén indicou que se habilitou unha nova cuberta e se cambiou o chan da sala de fitness para substituilo por gres.

“Ademais, unha das cuestións que máis locen na reforma é a nova sala para actividades dirixidas, chea de luminosidade e de sensación de espazo, que mellorará moito a experiencia das persoas usuarias”, segurou o concelleiro. No proxecto, investíronse cerca de 604.000 euros.

Deja un comentario

Don't Miss