Lectura, pintura, teatro, patchwork, arte floral: obradoiros de +Xuntas

O programa provincial, dotado con 300.000€, ten por obxectivo impulsar a participación activa das mulleres, xerando vínculos e fomentando as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias
3 de febrero de 2024
premios literararios

Teatro, pintura, encontros con lectoras, patchwork, personalización de álbums e artesanía en coiro co +Creatividade e tamén, a través de “+ Natura” a Deputación de Pontevedra inclúe accións formativas centradas nas plantas medicinais, a conservación de alimentos, a xardinería, as hortas ecolóxicas e o arte floral, e, por último, “+ Saúde”, ofrece obradoiros de ioga, pilates, taichí, ximnasia hipopresiva, menopausa de forma saudable, autocoidado, autoestima e comunicación asertiva, musicoterapia, risoterapia e atención plena.

Deste xeito, en “+Tecnoloxía” contémplanse cursos de alfabetización dixital, de socialización coas redes sociais, de administración electrónica e de administradoras de redes sociais.

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo para que as entidades sen fins de lucro da provincia que teñan como obxectivo a promoción das mulleres e apoien o seu desenvolvemento poidan solicitar algúns dos obradoiros de programa “+Xuntas”.  A través deste programa, dotado con 300.000 euros, a institución provincial pretende impulsar a participación activa das mulleres, xerando vínculos e fomentando as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias.

207 obradoiros ofertados ata o 1 de marzo

Cada entidade  poderá solicitar un dos 207 obradoiros ofertados e o prazo para facelo manterase aberto ata o 1 de marzo.  As accións formativas, dirixidas a un máximo de entre 20 e 25 persoas, segundo a especialidade, e cunha duración de 35 horas, enmárcanse nas temáticas de tecnoloxía, creatividade, natureza e saúde. O catálogo de accións formativas pode seguirse nesta ligazón.

Deja un comentario

Don't Miss