Mulleres nas ciencias

Luis López remarcou o feito de que este ano o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, declarado por Nacións Unidas, xire arredor do papel das mulleres no desenvolvemento sostible.
10 de febrero de 2024
mulleres nas ciencias

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reuniuse esta semana co presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Juan Manuel Lema, e coa súa vicepresidenta, Alicia Estévez, para tender pontes e abordar vías de colaboración entre ambas institucións.

Na xuntanza, e aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o presidente incidiu na importancia de visibilizar o liderado feminino no ámbito científico e na necesidade de achegar ás nenas nomes de mulleres referentes nas STEAM. O termo STEAM procede do idioma inglés e ven de Science (Ciencia), Technology (Tecnoloxía), Engineering (enxeñería), Arts (Artes) e Maths (Matemáticas).

Real Academia Galega de Ciencias

“É unha obriga recoñecer o papel clave que desenvolven as mulleres na comunidade científica e tecnolóxica- asegurou o presidente ao presidente e vicepresidenta da Real Academia Galega de Ciencias- e por iso debemos afondar en vías de colaboración conxuntas encamiñadas a eliminar estereotipos de xénero nas STEAM, pero tamén a achegar a ciencia á sociedade e dar a coñecer aos máis cativos o papel que desenvolven as mulleres nestes ámbitos”.

Luis López remarcou o feito de que este ano o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, declarado por Nacións Unidas, xire arredor do papel das mulleres no desenvolvemento sostible e, ao respecto, asegurou que “debemos debater sobre o liderado feminino en tres piares fundamentais para conseguilo: a prosperidade económica, a xustiza social e a integridade medioambiental”.

Deja un comentario

Don't Miss