O BNG insta a retirada dun poste telefónico na rúa nova

BNG trasladou ao grupo de goberno unha solicitude instándoos a exercer presión á empresa responsable da infraestrutura para que realice con urxencia a súa reparación ou substitución.
1 de febrero de 2024
poste peligroso marín

Un poste telefónico en estado crítico está a constituír un grave perigo para a seguridade viaria na estrada EP-1203, concretamente na Rúa Nova, a poucos metros do cruce de Santomé e O Campo. Lucía Santos, portavoz do BNG, alerta da preocupante situación dun poste de madeira situado á beira da estrada, que está á beira de desplumarse e presenta evidentes sinais de deterioro na súa base.

Seguindo o exemplo da veciñanza en Rúa Nova, o BNG trasladou ao grupo de goberno unha solicitude instándoos a exercer presión á empresa responsable da infraestrutura para que realice con urxencia a súa reparación ou substitución, xa que supón un perigo para a circulación viaria e podería deixar sen conexión telefónica e internet á veciñanza.

Cables sobre a estrada

Santos destaca que o poste está apoiado sobre o cabreado de comunicación e, debido á súa inclinación, os cables colgan sobre a estrada, aumentando o risco de ser atrapados por calquera vehículo elevado que transite pola vía.

Asemade, esta situación é preocupante para a veciñanza debido ao risco significativo que supón para a seguridade de peóns e condutores. Recoñecendo que o estado dos postes telefónicos non é responsabilidade directa do Concello, o BNG non comprende a pasividade ante esta situación de
perigo. Por iso, insta ao goberno municipal a exercer presión sobre a empresa responsable, xa que son varios os postes telefónicos en estado de deterioro no Concello de Marín.

Santos subliña que varios postes foron marcados con discos vermello indicando o seu estado de perigo, mais é crucial substituílos con urxencia, xa que a súa caída podería provocar accidentes de tráfico ou deixar á veciñanza sen servizos de telecomunicacións.

Deja un comentario

Don't Miss