O festival de inverno do Club in Mare cumpre 10 anos

O evento, que se celebrará esta fin de semana, foi presentado no Concello polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e representantes do Club In Mare.
3 de febrero de 2024
marín un xeito de ser

O vindeiro domingo 4 de Febreiro no Pavillón da Raña, o Clube In Mare de ximnasia rítmica organiza o X Festival de inverno Clube In Mare en colaboración co Concello de Marín e moitas empresas e comercios da zona, que unen forzas para facer desta décima edición un evento deportivo moi especial e único.

O evento foi presentado esta mañá por representantes do club, así como polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba. Durante toda a xornada deportiva, que se iniciará as 17.00 horas, participarán mais de 200 ximnastas de diferentes clubes de toda a provincia pontevedresa, que mostrarán os seus exercicios que con tanto traballo e esforzo practican no seu día a día.

Alimentos non perecedoiros

O evento terá carácter solidario a favor de Cáritas Santomé, así o público, que non pagará pola a entrada ó recinto, poderá traer alimentos non perecedoiros para entregar na entrada do mesmo.

Ademáis, o Festival se convertirá nunha Gala de ximnasia rítmica con tapiz iluminado no que as nenas e nenos participantes levarán a cabo os seus bailes. Ademais, desfrutaremos de bailes de zumba, photocall e unha morea de sorpresas máis. Todo isto baixo a batuta de O Mago Paco, que fará de maestro de
ceremonias, presentando e engadindo a parte máxica ao evento deportivo.

Deja un comentario

Don't Miss