O luns 12 de febreiro e martes 13, ambos os días de 11:30 a 13:00 horas haberá un obradoiro de elaboración de máscaras no Museo de Pontevedra. Neste obradoiro, impartido polo equipo de Educación do museo, as nenas e os nenos coñecerán algúns dos protagonistas e personaxes tradicionais do noso Entroido.
A parti dalgunhas das obras de arte expostas no Museo de Pontevedra relacionadas cos animais poderán realizar as súas propias máscaras, dunha forma libre e creativa.
Creatividad da rapazada
Este obradoiro ten como obxectivo principal fomentar a creatividade da rapazada, o coñecemento das tradicións galegas ligadas a estas datas e o achegamento dunha maneira divertida á colección artística e patrimonial do museo.
Ao mesmo tempo, quere ser unha alternativa de conciliación para as familias en días non lectivos. Esta liña de obradoiros continúa noutros períodos de vacacións escolares ao longo do ano, coma Semana Santa, verán ou Nadal.