Podcast, vídeos, xogos, murais, cancións, bailes, poemas… a Rosalía

23 de febrero de 2024
cartel rosalía de castro

Vídeos, xogos, murais, podcasts, cancións, bailes, poemas… A paixón nas aulas pola nosa autora universal latexa en cada mostra do traballo dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, #DíadeRosalía.

No colexio Seara, de Moaña, quixeron conmemorar o Día de Rosalía nada menos que facéndolle unha «entrevista» moi ilustrativa á nosa autora máis representativa sobre a súa vida, obra e época. Podédela escoitar neste podcast da radio Seara. Ademais, o festexo completouse con estupendos murais, recitados de poemas ou presentacións do alumnado maior para o máis miúdo.

As ondas do Cruceiro do CEIP Cruceiro de Canido, Ferrol, inicia as súas emisións con estes entretidos podcasts sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro. Ademais de escoitar unha extensa «entrevista» á escritora, tamén poderemos coñecer mellor a súa poesía a través dun recitado dos seus poemas máis populares e das cancións de recoñecidos artistas interpretadas polas nenas e nenos deste centro.

Cántiga

Unha vez máis, o profesor de música e membro do EDLG do CEIP Carballal elabora e grava unha emotiva cantiga, nesta ocasión coa letra do poema «Tecín soia a miña tea», para que o alumnado a interprete no acto do 23 de febreiro en homenaxe á súa autora, Rosalía de Castro.

https://diariomarin.com/2024/02/manana-marin-homenajea-el-nacimiento-de-la-poetisa-rosalia-de-cas

Deja un comentario

Don't Miss