VIII Premios Provinciais á Xuventude de 36.000 euros

A edición deste ano inclúe once categorías de recoñecemento para poñer en valor o talento da mocidade da provincia, entre elas por primeira vez a destinada a proxectos colectivos de estudantes.
25 de febrero de 2024
premios xuventude ideas

A Deputación de Pontevedra puxo en marcha os VIII Premios Provinciais da Xuventude, que este ano repartirán un total de 36.000 euros entre as mellores iniciativas promovidas pola mocidade, co obxectivo de fomentar o seu talento e potencial. Deste xeito, búscase estimular e recoñecer a traxectoria, o esforzo e o compromiso dos mozos e mozas que desenvolven labores relevantes en diversos ámbitos.

Coa publicación das bases este luns no Boletín Oficial da Provincia, o prazo de preinscrición comezará o martes 27 de febreiro e estenderase ata o 26 de abril. Unha vez validadas as solicitudes, os aspirantes deberán presentar os seus proxectos antes do 19 de agosto.

De 12 a 18 anos

Nesta oitava edición dos premios haberá once categorías, destacando a de proxectos colectivos de estudantes, convocada por primeira vez e dotada cun orzamento de 2.000 euros repartidos en tres premios de 1.000, 600 e 400 euros. En concreto, estes premios están dirixidos tanto a mozos de entre 16 e 35 anos da provincia como a colectivos de estudantes e centros educativos públicos cuxo alumnado teña entre 12 e 18 anos.

Ademais, convócanse as categorías de iniciativa empresarial, dotadas con 4.000 €; educación en valores, con 2.000 €; investigación (con subcategorías de ciencia, arquitectura e enxeñería e artes, humanidades e ciencias sociais e xurídicas), con 8.000 €; contidos audiovisuais, con 2.000 €; obra musical (música clásica e outros xéneros), con 4.000 €; obra literaria breve (narrativa e poesía), con 4.000 €; banda deseñada, con 2.000 €; fotografía orixinal (serie fotográfica e fotografía), con 4.000 €; deseño e moda, con 2.000 euros, e reacción ao clima, con 2.000 euros.

Entre 16 y 35 anos

Con carácter xeral, poden optar a estes VII Premios Provinciais á Xuventude persoas de entre 16 e 35 anos empadroadas na provincia de Pontevedra, aínda que nas modalidades de iniciativa empresarial e reacción ao clima, as persoas xurídicas nas que, polo menos, o 75% do padroado de directores ou administradores teñen esa idade.

Neste último, ademais, tamén se poden presentar centros de Educación Secundaria en cuxos proxectos participen estudantes de entre 12 e 18 anos, aos que tamén vai dirixida a categoría de educación en valores. Nesta modalidade, o importe do premio deberá destinarse na súa totalidade á adquisición de material, saídas didácticas, proxectos escolares, bolsas para estudantes ou calquera outra actividade directamente relacionada coa programación do centro. A tramitación farase a través da Sede Electrónica da Deputación.

Deja un comentario

Don't Miss