A XXV Edición do Salón do LIX de Pontevedra será a máis lonxeva do seu ámbito

5 de octubre de 2023
2 minutos de lectura
salón do Lix de pontevedra
Orbil, a mascota do SALÓN DO LIBRO de Pontevedra

Arrancan un  ano máis os preparativos para a posta en marcha do XXV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, convertíndose con esta edición no máis lonxevo do país. O Salón, que este ano muda de data, celebrarase entre o 1 e o 17 de marzo de 2024, adiantándose así con respecto ás edicións de anos anteriores.

A temática escollida para esta edición tan especial e “A maxia”, no máis amplo sentido da palabra, como comentaba o Concelleiro de cultura, Demetrio Gómez, na xuntanza na que se deu cita co profesorado de Pontevedra a pasada semana: “Galiza é de sempre un territorio máxico, no que se mesturan lendas, mouras, trasnos e toda sorte de personaxes mitolóxicos. Nunha terra tan chea de maxia será sinxelo non cinguirse únicamente á maxia como ilusionismo, pois como galegos e galegas sabemos que a maxia vai moito máis alo diso”.

Novidades deste ano

Entre as novidades deste ano, estará o feito de que se lles dará gran protagonismo aos colexios da cidade, especialmente a eles porque serán os homenaxeados nesta edición, pois a súa presenza continuada nel foi un pilar básico para a permanenza do Salón no panorama nacional de eventos culturais deste tipo, ao longo destes vintecinco anos.

Pola súa banda, Orbil, o lobo mascota do Salón, tamén estará de estrea este ano, xa que pasará por “unha pequeña limpa de imaxe” e ausentarase estes meses de preparación do salón, para lucir renovado, o que lle impedirá polo tanto, asistir a moitas actividades previas en colexios, como sucedeu en anos anteriores, segundo explicaba Eva Mejuto, directora do Salón do Libro.

Demetrio Gómez falou ademáis de que “o país convidado este ano é Cataluña, en primeiro lugar pola súa cercanía xeográfica a Galicia e para traballar a idea de que as linguas son para comprendernos e que, falando cada un de nós en linguas diferentes, somos quen de entendernos, comprendernos e descubrir a beleza que hai na literatura».

Nesta edición do Salón ampliarase ademáis a oferta de actividades inclusivas, poñendo así de relevo un ano máis a necesidade de amosar que todas as personas teñen cabida no mundo da lectura infantoxuvenil.

Cristina Corral

Cristina Corral

📚 Directora Adjunta y Cultura de Diario Marín
🎓Periodista (UCJC)
🎓Licenciada en Hispánicas (USC)
👩‍🏫Graduada en Educación Primaria (UCJC)
🇬🇧 Cursó estudios de Filología Inglesa (UDC)

📰 Trabajó como periodista en: El Progreso (Lugo) y Europa Press (Madrid).
🎬Fue guionista en Netex Learning

👩‍💼Subdirigió la Revista Foeminas de la Casa de la Mujer (Concello de Lugo)
🎨Fue coeditora del magazine cultural A Revolta .
👩‍🏫 Ejerce como profesora de secundaria de Lengua y Literatura Española

📝Colabora con diversas revistas como Xistral o Trasluz 📖 y escribe cuentos infantiles 🧒y poesía para adultos📜
🗞️ Se pueden leer sus artículos periodísticos en medios como Galicia Digital, Sermos Galicia, Plaza Pública o Galicia Confidencial.

📻 Desde 2017 codirige el proyecto ESPORA (Escolas pola Radio) 🎙️ y en la actualidad es la Directora Adjunta de Diario Marín (Pontevedra) 🏙️.

📚 Bibliografía: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/cristina-corral-soilan/obra

Deja un comentario

Don't Miss