A Praza da Chousa de Combarro converterase no epicentro da Festa do Mar esta fin de semana

A Praza da Chousa de Combarro acollerá do 28 ao 31 de agosto, unha nova edición da Festa do Mar. Unha cita xa consolidada que combina música, cultura mariñeira, actividades infantís e o tradicional encontro de embarcacións. O evento, organizado polo Concello de Poio coa colaboración de distintas entidades, converterá a vila nun punto de referencia festivo e cultural durante catro días.
28 de agosto de 2025
1 minuto lectura
Praza da Chousa de Combarro. Diego Muñoz
A Praza da Chousa de Combarro acolle a Festa do Mar. Foto: Diego Muñoz

A inauguración terá lugar o xoves 28 ao mediodía coa apertura da carpa de exposicións sobre a cultura mariñeira, acompañada pola Escola de Música Tradicional de Poio. Esa mesma xornada ofreceranse propostas para todos os públicos, desde espectáculos infantís como “Os Piñeiriños” ata concertos da Ocaband e da Orquestra América.

O venres 29 destaca o vermut mariñeiro con La MMarca e a música de grupos como Son das Corbaceiras, Adelaida ou Os Chispas do Lérez. A xornada culminará cun concerto de Miss Caffeina e sesións de Dj Jorge Álvarez. Paralelamente, iniciarase o encontro de embarcacións tradicionais coa recepción e navegación libre das mesmas.

XXIV Regata da Pamplina e IV proba puntuable da Copa Morling

O sábado 30 será un dos días máis intensos, con pasabares, regatas a remo e a XXIV Regata da Pamplina, ademais da IV proba puntuable da Copa Morling. Na parte musical, soarán Dj Arroww, Natalia e Coti, acompañados de actividades para a cativada e un vermut mariñeiro con Víctor Manuel Movilla.

O domingo 31 poñerase o broche final coa navegación a Tambo, un roteiro guiado en Tambo para tripulacións, e a despedida das embarcacións. Non faltarán o vermut mariñeiro con Miguel Barroso Cerqueira e espectáculos para nenos e nenas.

Puerto de Combarro. Diego Muñoz
A festa do mar de Combarro, punto de contro coa súa tradición mariñeira. Foto: Diego Muñoz

Durante todos os días, a carpa da cultura mariñeira ofrecerá unha exposición fotográfica e un ciclo de cine sobre o mar, reforzando así o vínculo de Combarro coa súa tradición mariñeira.

Deja un comentario

Don't Miss