Litha e a tradición celta
Na noite do 23 ao 24 de xuño celébrase en todo o mundo o solsticio de verán. Para os pobos celtas, como o noso, o calendario marcaba nese momento o que denominaban Litha. Nese instante o sol deixa de medrar e os días son máis curtos, sendo a do 23 de xuño pois amén a noite máis curta do ano.
Orixinalmente Litha celebrábase o 21 de xuño, que é cando da comezo o verán, pero como a Igrexia se viu una obriga de cristianizar a data de orixe “pagana”pasou a celebrarse o 24 de xuño para asociala a San Xoan Bautista.

O lume purificador
Neste momento a natureza está no seu esplendor, tanto e así que as froitas comezan a madurar. Os pobos celtas aproveitaban esta especie de bendición para casar e para bendecir os cultivos, os animais e incluso ás persoas. E quizáis por iso é un tempo moi relacionado coa festa e coa ledicia. O lume, purificador desde sempre, queima o que non queremos, por iso facemos fogueiras que saltar para nos limpar tamén nos, como os campos, das malas enerxías.
Nesta noite “máxica” onde todo pode acontecer, unha das tradicións máis arraigadas en Galicia e o uso de plantas medicinais maceradas ao luar, algo que en moitas zonas de Galicia se coñece como “o cacho de San Xoan”.
O “cacho”, do latín serodio, caccŭlu “oliña, cazolo”, é un recipiente baixo e de boca ancha, orixinalmente de barro. A súa forma de cunca permite que nel se coloquen as herbas recolleitadas durante a tarde do 23 de xuño.

Se falamos de herbas, hai alomenos unhas corenta especies que poden ir nese cacho. Son moitas as receitas que podemos atopar con diferentes combinacións, pero non hai dúbida de que son varias as prantas que se repiten nelas, como por exemplo: a malva, o sabugueiro, a macela, a herba de San Xoan, o romeu, a herba luisa, o ourego, etc.

As herbas de San Xoan
Mais o recomedable é usarmos so sete de elas, a elixir entra toda a variedade, aludindo así ás propiedades dese número máxico, tanto é así que moita xente fala de que se ha de coller tamén a auga de sete fontes dintintas. Moitas destas prantas son habituales nos montes galegos, de aí que estes días a xente adoite ir ás fragas e aos prados a facer acopio delas. Unha vez recollidas as prantas e metidas no cacho, este encherase de auga e deixarase macerar toda a noite.

O orballo e o luar purificarán a auga e as propiedades das herbas ficaran nela. Pola mañá, nada máis erguerse, lavarase a cara coa auga do cacho de xeito que esta fará que cheguen ao corpo todas as súas propiedades purificadoras.
Segundo a tradición a pel mellorará, pero tamén as enerxías e os meigallos se os houbese, que nos protexerán durante todo o ano facendo que se curen tamén moitas enfermidades do corpo e da alma, e así o recollen moitas cantigas tradicionais do cancioneiro popular:
Día de San Xoán, alegre,
meniña, vaite lavar,
pillarás auga do paxaro
antes do que o sol raiar.
Irás ao abrente do día
a auga fresca catar
da auga do paxariño
que saúde che ha de dar.
Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che ten que dar.
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraiou,
xa arraiou,
tódalas meigas levou.
Peladas era
peladas serán
tódalas meigas
que andan polo chan.
Peladas son,
peladas eran
tódalas meigas
que andan pola terra.
Bibliografía sobre herbas de San Xoan
Tanto é o interés que suscita que hai xa moitas publicacións que falan de como preparar este cacho e que receita usar, un exemplo é o publicado por Hércules Edicións “7 herbas máxicas” de Rosalía Bermúdez Santos e Nanda Cabaleiros ou “As herbas de San Xoán” (Patasdepeixe Editora) de Silvia Domínguez Torrado.
Froito da tese doutoral de María Moure De Oteyza, a Editorial TEÓFILO tamén sacou ao mercado a súa obra “María das herbas e as herbaxeiras do Caurel”.
A do cacho coas herbas de de San Xoán é unha das nosas tradicións máis seguidas, tanto é así que estes días nos mercados, nas frorerías e nas herboristarías podemos atopar os ramos xa preparardos para as personas que non tiveran tempo de salir a buscalas. Non hai pois desculpa que valga para non empezarmos o verán cargadas de boas enerxías.