A Asociación Almuinha presenta hoxe 5 de xuño ás 20:00 h, no Museo Municipal Manuel Torres a obra «Os mortos que amei», da escritora e xornalista Iria Collazo López, publicada pola Editorial Galaxia.
O evento, aberto ao público, contará coa presenza da autora, quen conversará coas persoas asistentes sobre o proceso de escrita, os temas do libro e as emocións que o atravesan.
Road Trip
Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado.
Desde Almuinha convidamos a toda a veciñanza e a todas as persoas amantes da escrita e da palabra a asistir a este acto que promete ser unha homenaxe compartida á memoria, á vida e á lingua. O acto enmárcase tamén dentro das celebracións do 75 aniversario da Editorial Galaxia.
Xoves 5 de xuño ás 20:00 h
Museo Municipal Manuel Torres.
Entrada libre ata completar aforo