Diario Marín: Cando empezou a cantar?
Ángel Mosquera: Pois para min foi algo natural, de feito sempre formou parte da miña persoa, porque eu xa me lembro de moi cativiño cantando, con tres ou catro anos tarareaba as cancións que oía pola casa. É máis teño recordo de me grabar nun casete! Pero realmente tampouco lle prestaba máis atención ao asunto, parecíame algo natural. Ademais escoitaba música moi variada, dende Mónica Naranjo ou Camela, porque miña nai escoitaba máis este tipo de música… flamenco ou latino ata pop, rock internacional, porque meu pai era máis dese estilo.
DM: Sempre tivo interés pola música?
Ángel Mosquera: Sempre, o que pasa que sempre tiven medo, porque non hai algo máis frustrante que fracasar en algo que levan ansiando tanto tempo. Eu tiña claro a que me quería adicar, pero sei que sufriría de non me poder adicar a isto, porque en certo xeito era como perder a perspectiva de quen son e deixar de coñecerme como persona. Ter que empezar de cero, buscando un novo “eu”, e iso era o que me impedía soñar máis alto. Pero agora estou feliz, sabendo que as cousas saliron ben e agradecéndolle ao avó e a avoa todo o que fixeron por nós.

DM: Cal é a visión da súa familia do seu cambio de faceta laboral?
Ángel Mosquera: A verdade e que neste sentido teño que falar do meu avó e miña avoa, que son a miña familia presente, xa que nos adoptaron a min e aos meus tres irmáns cando eu tiña trece anos. O feito de recibir unha educación máis clásica, fixo que non estiveran moi seguros do tema musical, pois no mundo das artes vían un risco grande. Así que por iso rematei os meus estudos, pero realmente despois de traballar no ámbito sanitario, dinme conta que o que realmente me facía feliz era isto e entón empecei a buscar a vida para me adicar a este ámbito, que era o que me enchía.
DM:E agora que opinan de todo o que levas acadado?
Ángel Mosquera: Pois agora penso que están moi orgullosos, de feito cando viron que isto era ao que me quería adicar foi cando decidiron apoiarme e irme botando unha man cando foi necesario e ao ver que non era un capricho nin unha afición.
O musical de Londres que o cambiou todo
DM: E cando soubo iso?
Ángel Mosquera: Foi un clic que fixo a miña cabeza cando en Londres fun ver o musical “El príncipe de Egipto”. Foron so tres segundos dunha emoción enorme, foi tanto o que sentín que eu dixen: “definitivamente quero adicarme a isto”. Así que collín as maletas e volvín a España a retomar o meu soño e a miña profesión de verdade.
DM: Lembra a súa primeira actuación en público?
Ángel Mosquera: Inda que non o creas foi máis ben tardía. De feito falareiche do casting de Operación Triunfo (OT), cando tiña dezaseis anos. É certo que non foi un concerto, pero podemos dicir que foi a primeira actuación na que cantei en público, concretamente para o xurado daquela edición.
DM: E falando de concursos televisivos: OT, La Voz, Oh happy day!, A Liga dos Cantantes Extraordinarios… Leva vostede uns cuantos, que nos pode dicir das experiencias neste tipo de programas?
Ángel Mosquera: Obviamente como todas as experiencias ten o seus pros e os seus contras. Neste caso o peor é o estrés e o que de agotador ten, pois está todo máis ben condensado e con tempos moi acurtados.
Ángel Mosquera: O positivo é que che axuda a estar absolutamente centrado, a focalizarte, poque senón é imposible. No caso da Liga, por exemplo, se ganas unha noite, non so cantas unha canción, senón dúas, para a que obviamente tes menos tempo de preparación como si cantaras so unha…
Pero máis aló destes detalles técnicos o marabilloso é o compañeirismo, por suposto, e as tablas que vas gañanado ao pasar as semana, porque practicas moito e cantas moito e niso consiste esta profesión, en mellorar ensaio a ensaio.

Un longo percorrido ata chegar aquí
DM: Pero antes antes de chegar a La Fórmula pasou por outros escenarios… non si?
Ángel Mosquera: A verdade é que si, empecei tarde, pero despois fun aproveitando o tempo, así que non houbo queixa. Estiven en varios grupos como LESUITEBAND, El Acorde Secreto, en Audio Nave con Miguel Otero de Centric… E xa de volta de Londres, cando estiven en Madrid, traballei en varios restaurantes con espectáculo (dinners) como o Bule Bule, neste en concreto, co director creativo e artístico Joaquín Fernández e tamén con actores de tema musical como Naim Thomas, Ricky Mata ou Ana Dachs. Tamén fixen cousas en musicais infantís durante algún tempo en Madrid, como “Peter Pan”, “La vuelta al mundo en 80 días”, etc.
DM: Se hoxe voltase a empezar a súa carreira musical repetiría as mismas cousas?
Ángel Mosquera: Pois seguro que non, faría todo de xeito moi distinto. Empezaría pola formación musical. Noto que teño habilidades musicais e non as desenvolvín no seu momento, así que foi todo a trompicóns. Toco algo, moi pouco, o piano e a guitarra, pero necesitaría terme formado nese campo, non so no vocal.
Hai uns anos rematei o Máster en Teatro Musical coa Escola Universitaria TAI de Madrid, pero certamente, se fose hoxe empezaría de maneira máis didáctica, digamos.

O panorama musical de hoxe en Galicia
DM: Cree que é posible vivir da música en Galicia?
Ángel Mosquera: Sen lugar a dúbidas. Tanto da orquesta so, como de compatibilizar ambos traballos. Hai xente por exemplo, que chega a acordos coas súas empresas (non musicais), piden unha excedencia para o verán e organízanse para facer ambas cousas. Eu personalmente, pola miña situación, teño a posibilidade de adicarme so a isto. No verán hai moito traballo e durante o inverno e compatible cos restaurantes con espectáculo, así que eu estou encantado, por iso polo de agora a miña intención é seguir por Galicia.
DM: Ve moitas diferencias no mundo da orquesta en Galicia co resto do país?

Ángel Mosquera: Pequenos detalles máis ben. O peor de traballar en orquesta para min é a carretera. Facendo contas do tempo percátaste de que nela pasas realmente tres cuartos do tempo que adicas ao bolo en si, porque fóra non se ben as probas de son, o tempo de cargas, descargas, etc. pero esrán aí. Tampouco levo eu moi ben o tema dos coidados, a alimentación e o deporte descuindanse e acabo comendo o primeiro que collo. Quitando todo isto o demáis é marabilloso, eu que teño a fortuna de abrir este ano o telón con “La Fórmula” esquezo todo neses minutos de adrenalina que chegan ao principio. E por suposto este ano teño que dicir que estou feliz tamén de traballar con todo o gran equipo que somos, facemos unha piña e iso non hai cartos que o pague! Somos un equipo nada competitivo, moi asertivo e cunha gran intelixencia emocional, que non sabes como se valora cando traballas neste ámbito!.

Ángel Mosquera: Sobre as diferenzas que tamén me encantan de Galicia, teño que mencionar o “fenómeno fans”. A xente segue moito as orquestras, ás veces temos sensación de ser unha escudería seguida polas persoas que a apoian. Ademais hai xente de tódalas idades, que cando remata o espectáculo ven a se interesar por nós como persoas, e iso é xenial.
DM: Cales son as súas expectativas de futuro?
Ángel Mosquera: A verdade é que nese sentido son unha persoa moi práctica, evito pensar no futuro, porque non me gusta facer castelos no aire. Agora estou pasando unha etapa moi boa, así que me centro no día a día, desfruto do meu traballo para poder vivilo e facelo ben. O futuro é incerto por iso penso que require desa intelixencia emocional da que falabamos máis arriba. Eu estou aberto sempre a novos proxectos que se abren a raiz das cousas que vou facendo, pero irase vendo co tempo. Hai que valorar e saber aproveitar o día no que vivimos.