Arranca o proxecto para reparar a memoria dos represaliados de San Simón

Co propósito de organizar un acto de reparación para 2026, o delegado, Pedro Blanco sumouse ao chamamento á sociedade do Ministerio e o Concello de Redondela para encontrar os familiares dos presos, actualizar a base de datos e os contactos.
18 de diciembre de 2025
3 minutos de lectura
Puente entre la Isla San Simón y San Antón, en Cesantes.
Puente entre la Isla San Simón y San Antón, en Cesantes.

“Estamos a cumprir o compromiso de devolverlle a palabra ás persoas que foron perseguidas, represaliadas ou asasinadas por defender a democracia e as liberdades que hoxe desfrutamos”, dixou o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, que comprometeu onte en Redondela o apoio do Goberno de España para reparar aos represaliados que pasaron pola Illa de San Simón desde 1936 ata 1943 e ás persoas que colaboraron na súa upervivencia arriscando a súa propia seguridade.

Antiguo Lazareto, Acuartelamiento Militar y actual Centro de Interpretación y Documentación de San Simón.
Antiguo Lazareto, acuartalamiento militar y actual Centro de Interpretación y Documentación de San Simón. Cuenta con salas de reuniones, despacho y centro de documentación, además de biblioteca y 20 puestos de lectura con una colección de libros sobre la Ría. Foto: Lola F. López-Pazos.

Fíxo durante a presentación, xunto á alcaldesa, Digna Rivas, do proxecto impulsado por este Concello e a Secretaría de Estado de Memoria democrática que quere pór nome e rostro ás máis de 5.600 persoas que pasaron por este penal, e ás 517 vítimas que deixou.

Embarcadero de San Antón por donde traían la comida.
Embarcadero de San Antón por donde traían la comida. Foto: Lola F. López-Pazos.

Web sobre os presos

Pedro Blanco significou o valor deste proxecto, que se materializa a través dunha web propia con información sobre os presos e as “madriñas”, as mulleres que cooperaron para o benestar das persoas encadeadas.

Un proxecto “no que imos man a man, Concello e Goberno de España” e que supón “un paso decisivo na reparación destas persoas” así como unha forma de divulgar a historia do noso pasado e poñela a disposición da cidadanía: “xuntos, estamos a cumprir o compromiso de devolverlle a palabra ás persoas que foron perseguidas, represaliadas ou asasinadas por defender a democracia e as liberdades que hoxe desfrutamos”, remarcou.

Cronología de una Barbarie en San Simón, uno de los documentos recogidos en el antiguo penal. Foto: LFLópez Pazos.
Cronología de una Barbarie en San Simón, uno de los documentos recogidos en el antiguo penal. Foto: Lola F. López-Pazos.

Ademais, co propósito de organizar un acto de reparación para 2026, o delegado sumouse ao chamamento á sociedade do Ministerio e o Concello de Redondela para encontrar os familiares dos presos, actualizar a base de datos e os contactos. Para isto a entidade redondelá ofreceu un correo electrónico (memoria@redondela.gal) onde enviar todo tipo de información.

Documentos del Penal San Simón. Foto: Lola F. López Pazos
Documentos del Penal San Simón. Foto: Lola F. López-Pazos

Encontrar familiares

Tamén contactarán en colaboración co ministerio coas distintas asociacións de memoria democrática de Galicia e España na procura dos contactos e completar a información. O delegado lembrou que este proxecto súmase ao inicio do expediente de declaración das Illas de San Simón e San Antón como Lugares de Memoria Democrática: “Unha declaración que é un acto de xustiza coas vítimas, coas súas familias e coas persoas que axudaron a estes homes na penuria da cadea, as Madriñas”.

Carta San Simón. Penal. Represaliados.
Carta San Simón. Penal. Foto Lola F. López-Pazos.

Francisco López Pazos, O Taravixo, natural y residente de Lourizán, marinero, encarcelado con 25 años por un periodo de cuatro años en San Simón durante la Guerra Civil Española debido a su afiliación a la Confederación Nacional del Trabajo (CNT), fue uno de tantos represaliados en 1936. Condenado a cadena perpetua, el tío abuelo de quien escribe este artículo, la directora de Diario Marín y escritora de la novela «El Pazo de Lourizán» donde cuenta la vida de su abuela A Taravixa, Lola Fernández López-Pazos escribe este párrafo en castellano (el miedo originó un gran recelo y la no enseñanza del gallego a los niños) como un pequeño homenaje a quien ha permanecido tantos años oculto por temor a las represalias para sus descendientes cuando sólo defendía la democracia. Con permiso de todos los lectores marinenses, la autora se permite esta pequeña licencia personal, ésta vez con su nombre y apellido real utilizado para firmar las fotos y este extracto, al mantener el único apellido López-Pazos mi madre de su madre soltera y, por lo tanto, heredado por sus hijos.

Lola Fernández López-Pazos (Madrid, 29 de Enero de 1969).

Ambas iniciativas (a declaración e a web do Concello de Redondela) certifican “a nosa aposta pola memoria democrática como ferramenta de convivencia, de xustiza e de liberdade”. No acto de hoxe lanzouse esta nova web do Concello de Redondela sobre a represión franquista no municipio: Memoria Democrática | Concello de Redondela. Esta iniciativa, financiada polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática dentro do programa 50 Anos en Liberdade, permite realizar buscas e consultas sobre as vítimas do franquismo.

Documento San Simón. Foto: Lola F. López Pazos.
Documento San Simón. Foto: Lola F. López-Pazos.

Mulleres de Redondela Solidarias

A alcaldesa de Redondela amosouse satisfeita ao ser a primeira vez que o Concello, como institución, ofrece información sobre o franquismo dende a súa web institucional: “era unha débeda que arrastrabamos pero que, por fin, saldamos. Ademais quixemos darlle un espazo propio a todas esas mulleres de Redondela que foron solidarias cos presos malia as ameazas e os perigos».

Esta web servirá tanto para a investigación como para a consulta de público xeral posto que ofrece unha información adaptada a ambos perfís. Ademais incluirá unha pestana de recursos didácticos para os centros escolares para que as xeracións máis novas coñezan e tomen conciencia de que a ditadura
franquista supuxo o asasinato, a tortura, o exilio e a persecución de milleiros de persoas sen outro motivo que pensar diferente.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

Deja un comentario

Don't Miss