O escultor Silverio Rivas, autor da figura do Paseo Alcalde Blanco, volve a Marín

14 de noviembre de 2023
1 minuto lectura
silverio rivas


A historia ten que quedar sempre correctamente escrita e cos erros subsanados para que xeración tras xeración poidan seguir manténdose as tradicións e as vivencias.

Parte desa filosofía é a que guía o traballo da asociación Xornadas Reencontro coa Historia, que promove Ángel García Carragal, e que levaba tempo con ganas de tocar un tema que precisa dunha rectificación.

Falamos da placa conmemorativa coa que conta a escultura Capela Solis, que se atopa na metade do Paseo Alcalde Blanco. O seu autor, o prestixioso escultor ponteareán Silverio Rivas, volveu á nosa vila, onde foi recibido polo propio Carragal, a concelleira Itziar Álvarez e o comisario cultural Antón Sobral.

Rectificación da data

O obxectivo, tal e como adiantou a concelleira, é a rectificación da data que aparece na placa, 1977, cando debería poñer 1997, ano no que se inaugurou o Paseo. Así a todo, esta data tamén causa confusión, xa que tal e como explica García Carragal, “temo outra placa no paseo que fai referencia ao ano 2003, pero ese foi o ano no que a Corporación Municipal acordou darlle ese nome ao paseo, a petición da APRMH de Marín”.

Capela Solis é unha escultura inspirada na idea dunha porta ou dolmen, elementos maxicos e protectores, “presentes en todas as culturas ancestrais e mitolóxicas. Simboliza a transición, a revelación, o paso cara a un nivel superior de coñecemento”, explicou no seu día o artista.

Agora, renovarase esta placa para poder subsanar este erro histórico e que ninguén teña dúbida de cal é a historia do noso paseo, o que máis une o noso centro co mar.

Lola Fernández

Lola Fernández

📰 Directora de Diario Marín
👩‍🎓 Licenciada en Ciencias de la Información (Periodismo) – UCM
💰 Máster en Información Económica – UCM
📚 Grado en Estudios Ingleses – UNED – Titulada en Literatura Victoriana, especialista de Las Hermanas Brönte, por la Universidad de Oxford (UK).
🌍 Inglés | Italiano | Ruso | LSE Lengua Signos Española – Titulada en Literatura Rusa Siglo XIX por la Universidad Lamanasov (Mosú-Rusia).
✍️ Autora de El Pazo de Lourizán y El secreto de La Perfección de la Editorial Harper Collins Ibérica
🗞️ Medios Cinco Días, El País Negocios, Intereconomía, La Gaceta de los Negocios, El Economista, Mi Cartera de Inversión, entre otros
💼 Experta en Comunicación Corporativa
📢 Dircom en la CMT (actual CNMC)
🏢 Directora de Comunicación para multinacionales:
Solarcentury | Vesuvius | MOA-BPI | Banco Madrid | Banco Popular | Ahorro Corporación Financiera | Trea Capital | Parques Reunidos | CEPSA | BNP Paribas Real Estate
#️⃣ Comunicación y Contenido | 📣 Dircom | 🗞️ Medios | 🌐 Multinacionales | ✍️ Escritora

3 Comments Deja una respuesta

Deja un comentario

Don't Miss