Ateneo Santa Cecilia presenta a obra de teatro «Merenda no Campo»

A función terá lugar o vindeiro venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
2 de noviembre de 2026
1 minuto lectura

O Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de convidar a todo o público á representación da obra de teatro «Merenda no campo», unha adaptación do libro “Picnic” de Fernando Arrabal, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior baixo a dirección de Salvador Álvarez Ledesma.

En palabras da A.C. Fonte da Tella, “trátase dun claro argumento contra a guerra que se pode englobar no teatro do absurdo. Unha das obras máis representadas en todo o mundo —e quizais a máis emblemática do seu autor— é un berro contra o fracaso inherente que supoñen as guerras. Hoxe, máis e peor que nunca, hai quen se empeña en seguir asolando o mundo coa complicidade silenciosa da sociedade. Non se pode mirar cara a outro lado. Por iso: guerras nunca máis».

Picnic

O título orixinal é “Picnic”, obra escrita en 1952 con moitas versións do propio autor e publicada en 1961 nunha escolma teatral de Fernando Arrabal.

A función terá lugar o vindeiro venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, no salón de actos do IES Illa de Tambo de Marín. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss