Comenzan hoxe as XXIV Xornadas Blanco Freijeiro sobre a doenza e a súa curación no tempo

Esta nova edición foi presentada pola concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, e o sobriño do célebre historiador e arqueólogo marinense, Gonzalo Sancho.
24 de noviembre de 2025
2 minutos de lectura
Correos, pola súa parte, reafirma con este convenio o seu papel como aliado estratéxico do comercio local, facilitando solucións de envío e recollida que contribúen á dinamización económica da vila.
Correos, pola súa parte, reafirma con este convenio o seu papel como aliado estratéxico do comercio local, facilitando solucións de envío e recollida que contribúen á dinamización económica da vila.

As Xornadas Blanco Freijeiro comenzan hoxe 24 de novembro ao 28 na Biblioteca Municipal para seguir explorando quen somos a través da arte, a arqueoloxía e a historia.

Desta vez, a temática escollida será a doenza e a súa curación, tratándoa desde unha perspectiva histórica que permita comprender os avances da medicina e as enfermidades que tiveron que enfrontar as sociedades que nos precederon.

Beatriz Rodríguez, e o sobriño do célebre historiador e arqueólogo marinense, Gonzalo Sancho.

Tamén se falará da coexistencia da medicina oficial e a popular, que no medio rural mestura médicos, bruxas ou relixión. E por suposto a doenza debe tratarse non só no plano físico, senón tamén no mental, onde a cultura resulta clave para a valoración social do enfermo.

Tal e como expresou a concelleira Beatriz Rodríguez, “estas xornadas evidencian algo moi importante nos tempos que corren: que segue a haber interese polo estudo e a análise, pola búsqueda de respostas e polo aumento do coñecemento, porque sempre son un éxito e estou segura que así e revalidará, cun tema que ten un interese practicamente transversal a calquera ser humano”.

Programa completo

PROGRAMA XXIV XORNADAS BLANCO FREIJEIRO, 24-30/11/2025
DE ARTE, ARQUEOLOXÍA E HISTORIA
“Doenza e remedio na historia de Galicia»

Luns 24/11/25. Presentación.
20:00 h. Entrega da documentación e confirmación da inscrición.
20:30 h. Presentación e inauguración das Xornadas a cargo da Concelleira de Patrimonio Beatriz Rodríguez Gómez.

Martes 25/11/25. “A vacinación en Galicia e a Real Expedición Filantrópica”.
20:00 h. Relator: Fernando Julio Ponte Hernando. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Historia da Medicina na Facultade de Medicina da USC. Dende a medicina oficial tratará sobre unha das cuestións máis relevantes nesta disciplina: a
vacinación. Nesta temática deterase nun fito da Historia da Medicina, como foi levar a principios do século XIX a vacina da varíola ao que naquel momento era a España de ultramar, nunha expedición que partiu de A Coruña.

Entrada del Hospital Provincial de Pontevedra.

Mércores 26/11/25.
“Os dous sistema de medicina popular”.

20:00 h. Relator: Xosé Ramón Mariño Ferro. Doutor de Antropoloxía Cultural pola Universidade Complutense de Madrid. Profesor titular de Antropoloxía Cultural da USC ata a súa xubilación. Tratará sobre a medicina popular no rural galego, ámbito no que ata mediados do século XX funcionan tres sistemas médicos: o científico ou académico; o humoral, que curaba doenzas físicas; e o bruxeril-relixioso.

Xoves 27/11/25.
“O tema da loucura na filosofía moderna e o pensamento contemporáneo”.

20:00 h. Relator: Benito Arbaizar Gil. Doutor en Filosofía pola universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Ensino Secundario e Profesor Asociado no departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC.
Percorrido dende o século XVII ata o presente sobre o concepto da loucura, que non é algo obxectivo e inmutable e que depende de como o conciba a sociedade en cada época.

Venres 28/11/25.
“Arqueoloxía da saúde, enfermidade e curación en Galicia”.

20:00 h. Relatora: Olalla López Costas. Doutora en Antropoloxía Física e Forense pola Universidade de Granada. Profesora da área de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Profesora no Department of Archaeology and Classical Studies da Universidade de Estocolmo.
A partires do estudo dos restos óseos de época romana e medieval é posible reconstruír o estilo de vida desas épocas, e coñecer as enfermidades que existiron nesas sociedades e os tratamentos que se aplicaron.
21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Alcaldesa de Marín María Ramallo Vázquez.

Domingo 30/11/25.
“Obradoiro de plantas medicinais”. Museo Municipal Manuel Torres, Avenida de Ourense 3. 11:30 h. Relator: Francisco Javier Silva Pando. Doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Xefe do Departamento de Ecoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán ata a súa recente xubilación.

Lugar de celebración: Biblioteca Municipal “Vidal Pazos”, Avenida de Ourense 6, 36900 Marín. Información e inscrición (gratuíta): xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com www.concellodemarin.es

Diario Marín

Diario Marín

Web Master

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Don't Miss